Asisto
esta mañá en Madrid a un acto organizado polo Foro España Internacional de Nova
Economía, para escoitar á comisaria europea de Transportes, a Eslovena Violeta Bulc.
Foi presentada polo secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e
Vivenda, Julio Gómez Pomar,
que avogou polo desenvolvemento de infraestruturas ao servizo do emprego, o
crecemento e a competitividade, dando un "papel principal" á I+D+i.
Destacou a necesidade de "seguir traballando todos" de xeito
"coordinado e con empeño" en liña coas directrices europeas de
mobilidade e transporte.
Puxo en valor o desenvolvemento dunha rede paneuropea de transportes
"segura, eficiente e sostible", que estea, ademais, "ao servizo
dos cidadáns e do desenvolvemento das empresas". Neste sentido, destacou o
papel que xoga España, como "ponte" cara a América Latina,
"plataforma loxística" do sur de Europa e "porta de
entrada" a África.
Violeta Bulc
comezou aludindo á importancia do transporte para asegurar a mobilidade das
persoas e das mercadorías, "o transporte é un elemento vital para calquera
tipo de economía", xa que, se deixa de haber transporte, todo se detén.
Engadiu que os investimentos
en transportes han de ser intelixentes e orientados ás necesidades das
empresas, que son as que crean valor.
Falando do ferrocarril, apostou porque se invista máis en transporte
ferroviario no conxunto do continente destacando que España fixo un traballo
excelente en materia de alta velocidade ferroviaria. Recordou que é líder en
Europa e o segundo país do mundo no desenvolvemento da alta velocidade.
Afirmou que Bruxelas está moi a favor das peaxes, xa que "non" temos fontes sostibles e fiables" para financiar infraestruturas e o mantemento destas.
Neste sentido, dixo que avala que o usuario das vías e o que contamina
"pague", aínda que destacou a importancia de "facelo de acordo
coas leis europeas".
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta