Hoxe temos unha boa noticia para o impulso da alta
velocidade a Galicia; trátase da publicación no Boletín Oficial do Estado de que con data
10 de abril de 2015, a Secretaría Xeral de Infraestruturas aprobou
provisionalmente o "Proxecto básico de plataforma de integración urbana e
acondicionamento da rede ferroviaria de Ourense. Tramo: Taboadela-Seixalbo. E que ademais se
anuncie que se somete o citado proxecto básico a información pública.
Un
tramo que ten unha lonxitude de 9,2 km de plataforma apta para dobre vía, e que presenta
como obras máis singulares o túnel de Rante de 3.410 m., e os viadutos sobre o
río Mesón de Calvos, o Regueiro de San Benito
e o río Barbaña.
Unha
información pública que o é tamén para os efectos ambientais, xa que a presente
actuación se encontra sometida ao procedemento de avaliación de impacto ambiental
ordinaria regulado pola Lei 21/2013 de Avaliación Ambiental, e previamente á
súa aprobación definitiva se require a formulación da Declaración de Impacto
Ambiental polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
Sinalar
que para coñecemento de todos os cidadáns, o citado proxecto básico estará
exposto ao público durante un período de 30 días hábiles en días e horas
hábiles de oficina, na Subdelegación do Goberno en Ourense, na Secretaría Xeral de
Infraestruturas do Ministerio de Fomento (e unhas separatas-extracto deste
expoñeranse nos Concellos de Taboadela,
San Cibrao dás
Viñas e Ourense).
Ademais, o proxecto poderase consultar na páxina web do Ministerio de Fomento (www.fomento.gob.es)
o que acredita unha maior transparencia cara os cidadáns, ademais de achegar
comodidade e aforrar desprazamentos aos interesados.
Con este anuncio publicado no BOE se dá cumprimento ao expresado o 19
de xaneiro de 2015 en Ourense,
pola ministra Ana Pastor.
Aquel día despois de referirse á decisión do MAGRAMA do 19 de decembro de 2014, de
que era preciso someter a información pública o estudo de impacto ambiental e
obter unha declaración de impacto ambiental, afirmou que se axilizaría a
información ao público, o que efectivamente acaba de acontecer.
Ademais teño que valorar positivamente a previsión de que en datas próximas se
producirán novos avances co anuncio oficial de inicio da información ao público
para os efectos de bens e dereitos afectados no tramo Seixalbo-Ourense.
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2015-12116
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta