O Servizo Público de
Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado
correspondentes ao mes de marzo de 2015
Son os seguintes:
Ourense:
Baixa o paro
rexistrado en marzo en relación co mes anterior en 317 persoas, un - 1,12 %.
A nivel interanual,
isto é, con respecto a marzo do ano pasado, 2.303 persoas saíron en
Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do - 7,62
%.
O numero de parados
queda en 27.913, deles 13.117 son homes e 14.796 mulleres, 26.263 son maiores de
25 anos e 1.650 menores.
Por sectores, 1.297
son da agricultura, 3.813 da industria, 3.476 da construción, 16.936 nos
servizos e 2.391 do colectivo sen emprego anterior.
Galicia:
O paro rexistrado de Galicia baixou en marzo en
5.412 persoas con respecto a febreiro (un - 2,10 %). O numero de parados
queda en 252.137, deles 118.285 son homes e 133.852 mulleres, 238.288 son
maiores de 25 anos e 13.849 menores.
Por sectores, 9.056 son da agricultura, 32.385 da
industria, 31.922 da construción, 158.265 nos servizos e 20.509 do colectivo
sen emprego anterior.
Esta baixada intermensual sitúa a Galicia como a terceira
comunidade autónoma na que máis diminuíu o paro rexistrado en termos relativos,
e a cuarta en termos absolutos. É, ademais, o maior descenso intermensual en
termos absolutos de toda a serie histórica, isto é, desde 1996.
A nivel interanual, isto é, con respecto a marzo do ano
pasado, 24.326 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón
unha caída do desemprego do - 8,80 %.
A evolución interanual, xa acumula case un ano e medio de
descensos consecutivos, o que confirma a mellora progresiva do comportamento do
paro iniciado a finais de 2013.
Galicia sitúase en niveis de paro similares aos que había
hai tres anos, o que supón volver a cifras anteriores ás do ano 2012.
España:
O
número de desempregados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de
Emprego baixou en marzo en 60.214 persoas (-1,33 %) e sitúa a cifra total en
4.451.939 persoas.
Trátase
do maior descenso do desemprego neste mes dende 2002. Nos últimos 6 anos, o
paro rexistrado en marzo aumentara por termo medio en máis de 35.000 persoas.
En termos desestacionalizados,
o paro diminúe en 63.368 personas, o mellor dato de toda a serie histórica en
calquera mes. A excepción de xullo de 2014, o número de parados en termos desestacionalizados
vén reducíndose mes a mes dende maio de 2013, acumulando así 23 meses de caída.
Nos últimos 12 meses, o paro rexistrado diminuíu en 343.927 persoas, o maior
descenso interanual do paro de toda a serie histórica, cunha taxa de redución
interanual que se sitúa no 7,17%.
O
paro rexistrado diminúe en todos os sectores de procedencia dos traballadores. No caso do sector da construción o paro baixa en 8.847 persoas, un - 1,7 %.
O paro rexistrado baixa en 16 Comunidades Autónomas. Os maiores descensos en
termos absolutos anotáronse en Andalucía (-10.737), Cataluña (-9.469) e a
Comunidade Valenciana (-7.772). Sobe, pola contra, no País Vasco (510).
Resaltar tamén algúns aspectos da contratación:
En marzo rexistráronse 1.441.775 contratos, o que supón un incremento do 18,5%
sobre o mesmo mes do ano 2014.
Asináronse 144.291 contratos de traballo de carácter indefinido, un 27,2% máis
que hai un ano. No caso da contratación indefinida a tempo completo, este
incremento interanual elévase ata o 28,8%.
Os contratos de formación e aprendizaxe creceron en marzo un 43,1%, con 13.791
novos contratos. Ademais, asináronse 5.853 Contratos en Prácticas, un 49,4%
máis que hai un ano.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta