En contestación a unha pregunta do deputado socialista Pedro Sánchez sobre a calidade
democrática das institucións, o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, afirmou que España
"é un país con institucións fortes, democráticas e que funcionan".
Tras afirmar que a xustiza é independente, o presidente do Goberno recordou que os nomeamentos no Tribunal Constitucional e no Consello Xeral do Poder Xudicial se fixeron co voto a favor do PSOE. Sobre a Axencia Tributaria (AEAT), Rajoy subliñou que as decisións do Goberno permitiron aflorar 124.000 millóns de euros nesta lexislatura, un diñeiro que a partir de agora vai tributar en España.
Tras afirmar que a xustiza é independente, o presidente do Goberno recordou que os nomeamentos no Tribunal Constitucional e no Consello Xeral do Poder Xudicial se fixeron co voto a favor do PSOE. Sobre a Axencia Tributaria (AEAT), Rajoy subliñou que as decisións do Goberno permitiron aflorar 124.000 millóns de euros nesta lexislatura, un diñeiro que a partir de agora vai tributar en España.
O xefe do Executivo tamén destacou outros datos. Entre 2012 e 2014, a loita
contra a fraude logrou recadar 34.785 millóns de euros, o que supón o mellor
dato na historia da AEAT.
Nesta liña, agregou que, segundo o INE,
no primeiro trimestre de 2015 xa se recadaron 2.889 millóns de euros.
Ademais aclarou que o proceso de regularización fiscal "nin limpa nin
borra delitos", Rajoy
asegurou que non facilitará os datos de ningún contribuínte, tal e como fixeron
os gobernos anteriores cumprindo coa súa obriga.
En resposta a unha
pregunta da deputada do BNG,
Olaia Fernández Davila,
o presidente do Goberno afirmou que o seu Executivo vai seguir traballando por
abaratar o prezo da electricidade en Galicia e no resto de España. Neste
sentido, recordou que a reforma eléctrica que se levou a cabo na actual
lexislatura rematou co déficit de tarifa (26.000 millóns de euros) e evitou que
este volva xerarse.
Ademais, a reforma permitiu que o prezo da luz
baixe, tras varios anos de continuas subas.
Mariano Rajoy destacou que,
en 2013, a tarifa eléctrica baixou, para o consumidor doméstico, o 3,1% e, en
2014, o fixo o 5%. Segundo o INE,
no primeiro trimestre de 2015, a diminución foi do 2,1%. Ademais, o presidente
explicou que agora se está a traballar nas interconexións eléctricas, algo
"capital para que baixe a electricidade" e para que "a nosa
economía sexa máis competitiva".
O presidente do Goberno defendeu en todo momento que a tarifa da luz sexa igual
para todos os españois, "independentemente do lugar de España no que
residan". Segundo explicou, eliminar os principios de igualdade e
solidariedade sería malo "para o conxunto dos españois e especialmente
negativo para o conxunto dos galegos".
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta