Da sesión de
control do día de hoxe no Pleno do Congreso cabe destacar a pregunta do líder do Partido Socialista,
Pedro Sánchez
ao presidente do Goberno, sobre que "opinión lle merece a desigualdade no
mercado de traballo en España".
Mariano Rajoy respondeu:
"A desigualdade principal no mercado de traballo é a que hai entre os que
poden traballar e os que non poden traballar, por iso o obxectivo fundamental
desta lexislatura foi a loita contra o desemprego. Voulle dar unha noticia, que
é importante e da que vostede seguro que se alegra: o ano pasado, 2014, por
primeira vez dende 2006, en España aumentou o emprego e diminuíu o paro.
Prodúcese así un punto de inflexión, 440.000
españois encontraron un posto de traballo. É absolutamente insuficiente, pero
xa empezamos a camiñar na mesma dirección. Os datos de principios deste ano
2015 son positivos. A finais de marzo coñecemos que, comparando co mes de marzo
do ano pasado, 536.000 españois puideran afiliarse á Seguridade Social e, polo
tanto, traballar. As previsións deste ano 2015 son boas. Imos crecer. O noso
país é o que máis vai crecer de Europa, o 2,9%, e a nosa previsión é que se
creen máis de 500.000 postos de traballo. Repito, non hai nada peor para a
igualdade que aquela diferenza entre os que poden por fortuna traballar e os
que desgraciadamente non poden facelo. Foi o grande obxectivo desta
lexislatura, empézanse a producir resultados e iso anímanos a continuar
traballando na mesma dirección"
Replicou Sánchez criticando a
reforma laboral alegando que "o que fai é condenar millóns de españois á
precariedade laboral".
Pechou o debate o presidente afirmando que "non acepto que vostede me dea
leccións en materia de mercado de traballo"
E engadiu Rajoy
que: "Entre os anos 2008 e 2011 en España vostedes destruíron 3.345.000
postos de traballos. Vostedes non están en condicións de darlle ningunha
lección a ninguén. Cando nós chegamos ao Goberno a final do ano 2011 o paro
aumentaba o 9,6% ao ano; hoxe o paro está a diminuír o 7,2% ao ano. Eu non lles
digo que se castiguen vostedes inmisericordemente
dicindo o mal que o fixeron no seu día, pero polo menos podían recoñecer que o
labor deste Goberno deu lugar a que por primeira vez en moitos anos se estea a
crear emprego no noso país e que este ano se vaian crear máis de 500.000
empregos en España. Non sei se a vostedes lles desgusta, pero son os feitos.
Señor Sánchez, se le a
última EPA
publicada, haberá visto que o que se está a crear en España é emprego
indefinido e emprego a tempo completo; vexa a EPA. A temporalidade hoxe en España é do
23,6% -cando vostedes gobernaban era o do 29%- e o emprego a tempo parcial é o
16,3%. Hai datos moi importantes, como que se empeza a corrixir -aínda queda
moito- o emprego xuvenil ou o número de fogares con todas as súas persoas no
paro. Imos traballando ben, imos na boa dirección, estamos a crear emprego e a
partir de aí o que temos que facer é perseverar"
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta