Compareceu
hoxe na Comisión de Fomento do Congreso, o Presidente de Portos do Estado José Llorca Ortega
para presentar o Informe Anual de Competitividade dos Servizos Portuarios de
2013.
Un informe realizado polo Observatorio Permanente do Mercado dos Servizos Portuarios adscrito a Portos do Estado e que resume os resultados do citado ano e o estado do mercado de cada un dos servizos, establecendo recomendacións para a implementación e mellora da competitividade.

Un Informe que se basea nas análises e
conclusións desenvolvidas polo Observatorio, recollidas no "Documento de
Análise e Conclusións do Estado do Mercado dos Servizos Portuarios",
ademais dos estudos internos de Portos do Estado.
Llorca fixo
unha pormenorizada exposición da competitividade dos servizos técnico-náuticos,
de practicaxe, de remolque portuario, de amarre e desamarre, do servizo á
pasaxe, que inclúe: o embarque e desembarque de pasaxeiros, a carga e descarga
de equipaxes, e a de vehículos en réxime de pasaxe; do servizo de recepción de
refugallos xerados por buques e do de manipulación de mercadorías, que consiste
na carga, estiba, descarga, estiba, tránsito marítimo e o transbordo de
mercadorías.
É necesario que as Autoridades Portuarias esixan ás prestadoras dos servizos portuarios a comunicación/rexistro dos datos esixidos nos Pregos de Prescricións Particulares correspondentes ao servizo e á actividade da prestador.Estes datos son imprescindibles para o correcto desenvolvemento dos indicadores dos servizos portuarios.
- Houbo notables
dificultades na obtención de indicadores económicos xa que únicamente se posúen
datos de tarifas máximas pero cando se pretende calcular a relación entre a
facturación media e as tarifas máximas existen notables variacións xa que a
única fonte de información é o propio licenciatario que prové os datos á
correspondente Autoridade Portuaria. Sería conveniente poder contrastar os
datos cunha documentación máis apropiada polo que se suxire esixir o
cumprimento da separación contable das actividades.
- Considérase conveniente a implantación dunha aplicación ou sistema informático para a obtención de datos necesarios para a elaboración dos indicadores. O obxectivo deste sistema sería optimizar a captura de datos, facilitar as tarefas das Autoridades Portuarias e favorecer a homoxeneización dos datos.
- Considérase necesario, de cara a mellorar a competitividade do Sistema Portuario Español, a obtención de indicadores dos servizos portuarios dos portos estranxeiros que son competencia das Autoridades Portuarias españolas. Desta forma poderase comparar aos portos españois dentro do mercado portuario europeo/internacional, de maneira que se poidan tomar medidas que melloren a competitividade.
Informou tamén sobre as sete recomendacións que se formulan no informe:
- Considérase importante que as Autoridades Portuarias actualicen os Pregos de Prescricións Particulares dos seis servizos portuarios establecendo clausulas relativas a indicadores de produtividade e económicos que garantan unha mellor xestión dos servizos para incremento da competitividade dos portos.

- É necesario
implantar tarifas máximas dos servizos portuarios que sexan realistas. Para
iso, considérase conveniente que cada Autoridade Portuaria analice cada un dos
seis servizos portuarios e estableza os correspondentes plans de negocio de
cada servizo portuario de maneira que nos pregos se poidan establecer unhas
tarifas competitivas que fomenten a actividade do propio porto e das propias
prestadoras.
É necesario que as Autoridades Portuarias esixan ás prestadoras dos servizos portuarios a comunicación/rexistro dos datos esixidos nos Pregos de Prescricións Particulares correspondentes ao servizo e á actividade da prestador.Estes datos son imprescindibles para o correcto desenvolvemento dos indicadores dos servizos portuarios.
- Considérase conveniente a implantación dunha aplicación ou sistema informático para a obtención de datos necesarios para a elaboración dos indicadores. O obxectivo deste sistema sería optimizar a captura de datos, facilitar as tarefas das Autoridades Portuarias e favorecer a homoxeneización dos datos.
- Considérase necesario, de cara a mellorar a competitividade do Sistema Portuario Español, a obtención de indicadores dos servizos portuarios dos portos estranxeiros que son competencia das Autoridades Portuarias españolas. Desta forma poderase comparar aos portos españois dentro do mercado portuario europeo/internacional, de maneira que se poidan tomar medidas que melloren a competitividade.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta