O próximo martes 21, teremos Pleno
que comezará ás 16,00 horas coa toma en consideración dunha Proposición de
reforma do Regulamento do Congreso en relación á tramitación das Proposicións
de Lei de iniciativa popular, presentada polo Grupo Socialista.
A continuación, debaterase a toma en consideración da Proposición de Lei
presentada por CiU sobre reforma do Imposto sobre Sociedades para reporner a dedución
por investimentos con obxectivos de mellora ambiental.
Por último, na sesión do martes tamén se abordarán dúas Proposicións non de
Lei: unha do Grupo Socialista sobre aprobación da estratexia de Goberno Aberto,
e outra do Grupo Popular relativa á introdución dunha perspectiva familiar en
todas as políticas públicas.
O mércores terá lugar a sesión de control a partir das 09,00 horas, coas
preguntas e interpretacións urxentes.
Ao día seguinte, o xoves á mesma hora, o Pleno comezará co debate de validación
ou derrogación do Real Decreto Lei para a reforma urxente do sistema de
formación profesional para o emprego no ámbito laboral.
Despois do debate do ditame sobre o Proxecto de Lei Orgánica
de Réxime de Persoal da policía Nacional,
terá lugar o debate de totalidade sobre o Proxecto de Lei de ordenación,
supervisión e solvencia das entidades aseguradoras e reaseguradoras.
Por
último, o Pleno verá o Acordo da Comisión de Interior en relación co Informe
aprobado pola Subcomisión de Estudo sobre as Redes Sociais.