O Pleno do Congreso dos Deputados comezará o martes, ás
16,00 horas, coa toma en consideración da proposición de lei do Grupo
Socialista sobre a modificación do artigo 42.1 do Estatuto dos Traballadores
para garantir a igualdade nas condicións laborais dos traballadores
subcontratados.
A continuación, debátese a toma en consideración da proposición de lei do Grupo Parlamentario Vasco (EAJ PNV), de modificación do Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Augas.
Nesta sesión tamén se abordarán dúas proposicións non de lei. En primeiro lugar expoñerase a proposición do Grupo Popular relativa á elaboración polo Ministerio de Defensa do protocolo de actuación en relación co acoso sexual, por razón de sexo e profesional, nas Forzas Armadas. A continuación, o Grupo Socialista defenderá a proposición relativa á implantación urxente do Programa Garantía+45.
Por último, debateranse as mocións consecuencia de interpretacións urxentes.
O mércores continuarase o Pleno ás 09,00 horas coa sesión de control ao Goberno e o debate das interpelacións urxentes.
A orde do día do xoves comeza cos ditames da Comisión de
Asuntos Exteriores sobre o acordo co Goberno de Granada sobre supresión
recíproca de visados para titulares de pasaportes diplomáticos, o tratado de
extradición coa República Socialista de Vietnam; e o de traslado de persoas
condenadas coa mesma República; o protocolo do Acordo de estabilización e
asociación entre as Comunidades Europeas e a Antiga República Iugoslava de
Macedonia; e os acordos de Asociación entre a Unión Europea e a Comunidade
Europea da Enerxía Atómica con Xeorxia e con República de Moldavia; e o coinvenio co
Sultanato de Omán para evitar a dobre imposición e previr a evasión fiscal.
Por último, celebraranse, en caso de que algún grupo parlamentario presente
emenda de devolución ou de texto alternativo, os debates de totalidade de dous
proxectos de reforma da Lei de Axuizamento Criminal, que superado este trámite
continuarán a súa tramitación na Comisión de Xustiza. O segundo proxecto, de
carácter orgánico, deberá elevarse a Pleno antes de enviarse ao Senado.
Trátase do Proxecto de Lei de modificación da Lei de Axuizamento Criminal para a axilización da xustiza penal e o fortalecemento das garantías procesuais; e o Proxecto de Lei Orgánica de modificación da Lei de Axuizamento Criminal para o fortalecemento das garantías procesuais e a regulación das medidas de investigación tecnolóxica.
Trátase do Proxecto de Lei de modificación da Lei de Axuizamento Criminal para a axilización da xustiza penal e o fortalecemento das garantías procesuais; e o Proxecto de Lei Orgánica de modificación da Lei de Axuizamento Criminal para o fortalecemento das garantías procesuais e a regulación das medidas de investigación tecnolóxica.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta