Esta semana foi
prolixa en declaracións públicas do líder do partido político “Ciudadanos”, Albert Rivera e do seu responsable económico Luis
Garicano, cuestionando os investimentos en alta velocidade e plantexando a
paralización dos que están en curso para dedicalos a innovación.
Barcelona Sants 8.1.2013 |
Declaracións que
tiveron a súa debida réplica, empezando pola ministra de Fomento, Ana Pastor e
que xeraron moito debate nos medios de comunicación.
Entrando nesta
polémica, lembro hoxe que o día 8
de xaneiro de 2013 viaxaba na
miña condición de presidente da Comisión de Fomento do Congreso no tren que
inauguraba a Liña de Alta Velocidade (LAV) Madrid-Barcelona-Fronteira francesa.
No mesmo vagón, tamén viaxaban outros responsables políticos, entre eles,
Albert Rivera, invitado na súa condición de líder de “Ciutadans”.
Tratábase de poñer en
valor unha nova infraestructura ferroviaria, que supuso un investimento
superior a 3.700 millóns de euros sen incluír os fondos destinados ás obras de
adecuación e construción das estacións de Barcelona Sants, Girona e
Figueres-Vilafant, e que completaba os 804 km de lonxitude total da Liña de
Alta Velocidade (LAV) Madrid-Barcelona-Fronteira francesa.
Unha nova liña, que
conectaba en alta velocidade as catro capitais de provincia catalás co centro e
sur peninsular, convértendose así mesmo nun dos principais eixes de
comunicación de España con Europa, á vez que se integra no denominado Corredor
Ferroviario Mediterráneo, infraestructura cuxa construción impulsará o
desenvolvemento de todo o litoral desde Cataluña ata Andalucía. Con esa nova
infraestrutura a viaxe desde o centro de Barcelona ao centro de Girona pasaba
de hora e media a 38 minutos.
Ese mismo día 8 de
xaneiro de 2013, escribía eu no meu Blog: “Felicidades sinceiras aos
catalans xa que esta liña servirá para gañar competitividade e
eficiencia á economía en Cataluña e en toda España, mellorará as nosas
relacións comerciais con Europa e ofrecerá mellores servizos de transporte aos
nosos cidadáns”
¿E que dixo Albert
Rivera sobre esta inauguración? Eu non o escoitei en directo, pero o diario ABC
acaba de publicar as súas valoracións nese dia: "infraestruturas como a
AVE son o mellor xeito de vertebrar España e de combater o separatismo",
dixo.
Figueres 8.1.2013 Vía dobre e electrificada |
Conviría que o lider
de Ciudadanos se aclarase e fose coherente no seu discurso e se é posible
explicase como é posible ao seu xuizo, vertebrar España dende a desigualdade.
Albert Rivera vive en
Barcelona e eu en Ourense, dúas magníficas cidades ainda que de diferente
dimensión, e ambos os dous necesitamos viaxar a Madrid.
Se quixésemos facelo
en tren o próximo luns 13 de abril, sucedería o seguinte. Albert tería á
súa disposición 28 servizos de alta velocidade que lle deixarían na capital do
estado en tempos que van dende as 2h. 30 min. ás 3 h.10 min. Celso - ou
sexa eu - tería dende Ourense - nodo ferroviario de repartición de Galicia -
catro opcións. Un tren hotel que tarda 7 h. 27 min., e tres trens Alvia
que tardan 5 h. 5 min.
¿Vértebra España esta
enorme diferenza en número de servizos ferroviarios e tempos de viaxe entre
Galicia e Cataluña?
Estou seguro que
Albert Rivera, persoa á que recoñezo "seny" ou "sentidiño"
como dicimos nostros, ten que convir que é unha diferenza inasumible e que debe
corrixirse.
E o mesmo progreso que
quero para Galicia, o desexo para os casteláns-leoneses, asturianos, cántabros,
vascos, murcianos e estremeños. O mesmo que afortunadamente xa gozan cataláns,
aragoneses, valencianos, casteláns manchegos, andaluces.
Non podo admitir a
existencia de cidadáns de primeira e de segunda; uns que merecen ter boas
infraestruturas e outros que deben conformarse con vías e servizos de menor
calidade.
En Galicia, estamos a
loitar dende hai décadas por ter un ferrocarril do século XXI e para que pedure
durante lustros. As nosas actuais vias únicas dende Olmedo ata Ourense, son da
primeira parte do século XX, sen electrificar, con trazados tortuosos, fortes
pendentes, etc.
As nosas obras son
complexas debido á difícil e ao mesmo tempo fermosa orografía que hai que
superar, pero non máis custosas que outras xa executadas, por exemplo as da
liña Madrid-Barcelona.
Asegúrolle a Albert
Rivera que cando se culminen totalmente as obras e operen os novos servizos
ferroviarios de alta velocidade, terán unha ampla utilización polos cidadáns,
que verán facilitada a súa movilidade ao reducir os tempos de viaxe, e
achegarán elevados estándares de seguridade, calidade, confort, fiabilidade. e
sostibilidade. A súa rendibilidade socioeconómica e medioambiental quedará fora
de toda duda.
Como dicía a ministra
Ana Pastor: “as infraestructuras non son un fin en si mesmas, son un medio para
que un país progrese” e as liñas de AVE son un medio claro para
progresar.
Estamos a falar dun
modo de viaxar novo e competitivo, capaz de reducir ata o 50% do tempo de viaxe
que empregaría un automóbil en percorrer o mesmo traxecto.
Lubián: Vía única de acceso a Galicia, sen electrificar |
Así, naqueles países
nos que se planifica o desenvolvemento dun proxecto de alta velocidade España é
un referente en innovación.
Además que como dicía
a ministra, cada euro investido nunha conexión de alta velocidade xera máis de
dous en termos de volume de negocio e de PIB, e cada emprego, 2,5 no total da
zona.
Considero un obxectivo
irrenunciable completar a rede de alta velocidade que se encontra en execución,
co que nos próximos anos poderemos chegar a duplicar o número de viaxeiros
neste modo de transporte, captando tráfico interurbano ao vehículo privado.
Por iso comparto o
obxectivo da ministra Ana Pastor de poñer este ano en servizo 1.000 novos km,
abrindo máis de 25 novas relacións que van permitir mellorar os tempos de viaxe
entre media hora e unha hora e 50 minutos segundo os traxectos.
Remato con toda
cordialidade, instando a Albert Rivera a que reflexione e logo rectifique
apoiando a extensión da rede ferroviaria ao conxunto do Estado.
E lembremos que a
cohesión territorial de España non admite que haxa uns cidadáns de primeira e
outros de segunda.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta