Onte o presidente da Xunta, Alberto
Núñez Feijóo, salientaba na rolda de prensa do Consello a aprobación da nova
Axenda Dixital 2020, co maior investimento en TIC da historia da Comunidade
-1.550 millóns de euros-, e cuns obxectivos definidos que establecen 20
desafíos a cumprir no que resta de década, de cara a articular e consolidar un
modelo de crecemento vinculado á economía dixital.
Feijóo subliñou
que a nova folla de ruta tecnolóxica é froito dun intenso proceso de diálogo; é
dicir, contou para a súa elaboración coa participación de representantes das
principais empresas da Comunidade do sector TIC, coas institucións públicas e
coa sociedade civil.
E, precisou que os 20 desafíos están articulados en cinco
liñas de actuación: a valorización da Administración; a énfase na vida dixital;
a aceleración da economía dixital; o estímulo ao crecemento do sector TIC; e a
articulación dixital do territorio.
A través de 5 liñas estratéxicas define 20 desafíos para
situar Galicia nos niveis das rexións europeas máis avanzadas no eido dixital:
- Promove unha Administración dixital innovadora que responda
e que se adiante ás expectativas da sociedade, aproveitando as novas
oportunidades que brinda a tecnoloxía (Big Data, mobilidade,
interoperabilidade...)
- Establece medidas para consolidar o modelo educativo na
contorna dixital, favorecer servizos dixitais avanzados no eido do benestar e
sanidade e facilitar habilidades dixitais a toda a cidadanía.
- Impulsará a dixitalización empresarial en sectores
estratéxicos para avanzar cara a unha nova situación económica, con máis
emprego, industria, calidade, talento e innovación.
- Apoiará a colaboración e a cooperación entre a iniciativa
pública e privada para conformar un ecosistema dixital galego forte capaz de
xerar solucións de gran valor engadido.
- Para facilitar a articulación dixital do territorio fixa
como obxectivo que todos os galegos conten con cobertura de banda larga
ultrarrápida de, cando menos, 30 Mbps en 2020.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta