Onte o
Consello de Ministros, a inciativa de Ana Pastor, aprobou o Proxecto de Lei do Sector Ferroviario, que
agora se remitirá ás Cortes para proseguir coa tramitación parlamentaria, en
concreto na Comisión de Fomento.
A nova Lei do Sector Ferroviario consolida o rigor na planificación e
construción de novas infraestruturas e propicia a apertura da rede para
potenciar o uso da alta velocidade mediante a mellora da calidade e o aumento
da oferta.
Ademais, supón un novo marco xurídico completo aplicable ao sector ferroviario,
consolida a reforma emprendida polo Executivo e, ademais, adapta a normativa á
creación da Axencia de Seguridade Ferroviaria, reforzando todos os mecanismos
relativos á seguridade.
O texto reforza os mecanismos para unha planificación rigorosa das
infraestruturas ferroviarias, esixindo que existan as fontes de financiamento
suficientes. Establécense 3 instrumentos:
. A
"Estratexia Indicativa" a elaborar polo Ministerio de Fomento, como
instrumento de planificación da infraestrutura (desenvolvemento, mantemento e
renovación).
. Un "Programa de Actividade" a elaborar polos administradores de
infraestruturas (Adif,
Adif-AV), segundo a
"estratexia indicativa" e que deberá recoller a previsión de
actuacións a realizar e unha previsión orientativa dos seus canons para os
próximos 5 anos.
. Un convenio ADIF/ADIF-AV-Ministerio de
Fomento que estableza os obxectivos a alcanzar por ADIF e as achegas económicas do Estado.
Así mesmo, establece un novo sistema de canons co obxectivo de incrementar o
uso da rede de ferrocarrís española. Entre outras novidades, destaca a
supresión do canon anual de acceso á rede e a bonificación da posta en marcha
de novos servizos ferroviarios.
Xunto
a iso, inclúense novas medidas para mellorar a competitividade do transporte
ferroviario de mercadorías como o establecemento de medidas liberizadoras dos
servizos que se prestan nas terminais ferroviarias públicas, que supoñerán unha
redución de custos; a imposición de novas condicións de transparencia para a
actuación dos administradores de infraestruturas; a simplificación do réxime
tarifario e das autorizacións necesarias; a eliminación do canon de acceso
supón eliminar unha importante barreira á entrada; e o impulso do papel dos
portos como administradores das infraestruturas ferroviarias dentro do seu
dominio público.
En materia de transporte de viaxeiros impóñense aos operadores condicións para
garantir un funcionamento transparente do mercado, como son a obriga de achegar
ao Ministerio de Fomento información estatística e contable ou a obriga de
levar contas separadas entre as actividades de mercadorías e viaxeiros, e
dentro dos de viaxeiros, entre os servizos comerciais e os servizos declarados de
obrigas de servizo público.
Ademais,
establécese que as empresas deben contar cun plan de asistencia a vítimas e se
recollen os dereitos das vítimas de accidentes.
Por outra parte, o texto inclúe un novo título específico dedicado a seguridade
ferroviaria, que non existe na lei vixente e adáptase o seu contido á creación
da nova Axencia de Seguridade Ferroviaria que será independente e non poderá
encomendar funcións dos administradores de infraestruturas, empresas
ferroviarias ou entidade adxudicadora, dotándoa de mecanismos propios de
financiamento, co obxecto de reforzar a súa independencia.
Por último, formúlase un réxime sancionador máis proporcional, reforzando as
sancións sobre dereitos dos pasaxeiros e aspectos relacionados coa seguridade.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta