miércoles, 20 de mayo de 2015

Eleccións municipais 2015: "O PPdeG propón unha coalición aos votantes do PSOE que rexeitan que o seu partido entregue os gobernos a Podemos"

Da xornada electoral de onte, destaco a intervención en Nigrán do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, onde criticou a decisión do PSOE de pactar con calquera que non sexa o PP. Como sinalou, iso implicaría poder gobernar se os populares gañan pero si lles falta algún voto para a maioría, como pasou en Lugo, ou entregar, se depende deles, os gobernos de Santiago, A Coruña ou Ferrol ás franquicias nacionalistas de Podemos.

Con respecto a isto, Feijóo lamentou que o PSOE xa non sexa o PSOE e se convertese simplemente nun grupo que vai deixarse facer por Podemos ou vai deixar facer a Podemos nos gobernos. Por iso, non lle sorprende que cada vez máis votantes se lle vaian directamente á formación de Pablo Iglesias.

Pero fronte a estes votantes socialistas que se decantan pola extrema esquerda, Feijóo tivo en conta tamén aos votantes socialistas que non votarán porque non queren entregar a súa papeleta a Podemos e aos que, cada vez menos, quedarán no PSOE, entregando os gobernos ao extremismo ou ao nacionalismo.

É precisamente a estes votantes do PSOE a quen se dirixiu o líder do PPdeG, para lembrarlles que poden decantarse polo centro e apostar polos proxectos dos populares e os gobernos para todos que propoñen.

Neste senso, Feijóo lembrou tamén que esa coalición entre votantes do PP e os votantes do PSOE foi máis aló dos partidos ao longo da historia. Como destacou, esa coalición está na Transición, na Constitución e no Estatuto.

Por outra banda, o líder dos populares galegos aseguró u que o seu partido quere concellos que avancen da man da xente; modernizados e mellorados no eido das infraestruturas e das comunicacións; equipados, que melloren o día a día dos veciños; que resolvan problemas e non sexan unha carga inasumible de burocracia e impostos; que teñan como primeira prioridade ás persoas que máis precisan de axuda; e que contribúan a que se xeren máis oportunidades.  

En definitiva, o PPdeG quere concellos gobernados con iniciativa e ilusión cada día dos catro anos e non gobernados catro anos como se dera igual estar aí gobernado catro que corenta.

Por iso, Feijóo pediu o voto para proxectos que son un punto de encontro para todos os veciños; para gobernos cos que se poidan sentir identificados todos, independentemente da súa ideoloxía; e para alcaldes que soamente se deban aos seus veciños. 

Neste senso, destacou que mentres para algúns é máis valioso ter o apoio na sede doutro partido, para os populares, gobernen ou non,  a honra é obter o apoio da rúa: ter o apoio da xente.
CRECEMOS
Feijóo lembrou que nestas eleccións hai moitas papeletas pero só dúas opcións de goberno: a división, a dispersión de forzas, o fraccionamento, a ausencia de liderado e proxecto ou unha maioría ampla coa que poder desenvolver un proxecto e que faga posible a gobernabilidade dos concellos.

Co cal, só hai unha opción coa que seguir construíndo a esperanza, alentar á xestión e encamiñar o futuro: que é a do PP. Pola contra, advertiu de que o resto das papeletas só serven para alimentar o ego e a arrogancia de quen ven a Galicia a insultar aos galegos.

Así mesmo, Feijóo lembrou que, co PP xestionando, houbo resultados, xa que se centrou só no que importa á xente e en arranxar os seus problemas e púxose a comunidade en disposición de crecer.

Segundo engadiu, agora crece a economía, a nosa capacidade de resolver problemas porque temos contas equilibradas e saneadas, as oportunidades porque está baixando o paro, o turismo, a nosa capacidade para exportar, as infraestruturas sanitarias públicas, as prazas públicas de gardería, a cifra de persoas atendidas na dependencia, as prazas residencia, os centros, o número de rapaces que aprende idiomas e ten ordenador nas escolas públicas. En suma, crece a nosa esperanza no futuro.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta