Ana Belén Vázquez Blanco |
Esta tarde no Pleno do
Congreso, celebrouse o debate de totalidade do Proxecto de Lei do Terceiro
Sector de Acción Social, que presentou o ministro de Sanidade e Asuntos
Sociais, Alfonso Alonso,
quen propuxo aos grupos diálogo para mellorar o citado proxecto e advertiu que
a norma non pretende diluír a responsabilidade do Estado nestas funcións, senón
que o Goberno e as entidades sociais poidan traballar xuntas para ser máis
eficaces.
Debemos entender como entidades do Terceiro Sector de Acción Social aquelas organizacións de carácter privado xurdidas da iniciativa cidadá ou social, baixo diferentes modalidades, que responden a criterios de solidariedade e de participación social, con fins de interese xeral e ausencia de ánimo de lucro, que impulsan o recoñecemento e o exercicio dos dereitos civís, así como dos dereitos económicos, sociais ou culturais das persoas e grupos que sofren condicións de vulnerabilidade ou que se encontran en risco de exclusión social.
En nome do GPP, e en defensa do Proxecto de Lei, interveu a miña compañeira, a deputada ourensá Ana Belén Vázquez Blanco que asegurou que "a Lei do Terceiro Sector ten como fin último regular, garantir a estabilidade e impulsar a interlocución destas entidades" "co Estado".
Durante o debate, a deputada popular recordou que "o labor das ONGs se produciu sen un amparo normativo propio de ámbito estatal, polo que estamos ante un texto inédito na lexislación española".

Segundo explicou Ana Belén Vázquez, o obxectivo desta norma é "enumerar os principios que deben orientar o traballo das ONGs, promover a formación e readaptación profesional, fomentar a diversificación das fontes de financiamento e adecuar os sistemas de financiamento público no marco da lexislación de estabilidade presupostaria".
Tamén, engadiu que define
as medidas de fomento que os poderes públicos poderán adoptar no seu beneficio
e reforza a capacidade das entidades do Terceiro Sector como interlocutores
ante a administración Xeneral do Estado" "respecto das políticas
públicas sociais".
Para iso, indicou que se confirman o Consello Estatal de Organizacións no de Acción Social e a Comisión para o Diálogo Civil como elementos de encontro, participación e diálogo entre ONGs e entre elas e o Estado.
Ademais, a deputada ourensana apuntou que a Lei prevé a aprobación, nun prazo de 12 meses, un programa de impulso das entidades do Terceiro Sector. "Entre as accións a desenvolver -manifestou- encóntranse a promoción, difusión e formación do Terceiro Sector de Acción Social, o apoio á cultura do voluntariado, a cooperación cos servizos públicos, a participación institucional e o acceso ao financiamento a través de entidades de crédito oficial".
Así mesmo, destacou que "a Lei contén as obrigas de pagamento das Comunidades Autónomas e entidades locais co Terceiro Sector". Deste xeito, preténdese evitar a acumulación de débedas coas ONGs como sucedeu na etapa do Goberno do PSOE e que "o Executivo de Mariano Rajoy tivo que paliar coa Lei de Provedores que afrontou os 3.000 millóns de euros de débeda que tiñan algunhas Comunidades Autónomas e Concellos con organizacións do Terceiro Sector".
Por outro lado, Ana Belén Vázquez
puxo en valor o traballo das ONGs, dos seus traballadores e dos voluntarios.
"O Terceiro Sector achega un indubidable valor á participación organizada
da cidadanía baixo os valores de igualdade e inclusión social", aseverou.
"O Terceiro Sector de Acción Social sempre estivo presente no noso país, pero nos últimos anos experimentou un crecemento importante, despois de constituírse como un actor destacado na loita contra as situacións de maior vulnerabilidade social", destacou a deputada do PP, quen afirmou que "en España hai ao redor de 30.000 entidades sociais, cuxa actividade representa case un 2% do PIB e dá emprego prácticamente a 636.000 persoas".
Rematou a sua excelente intervención, afirmando que "esta Lei non invade as competencias das Comunidades Autónomas, xa que o texto limita o ámbito de aplicación da Lei á regulación daquelas entidades que teñan ámbito estatal".
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta