Esta mañá compareceu en rolda de prensa, o presidente do PP de Ourense, para facer un balance dos resultados das Eleccións Municipais
Manuel Baltar salientou a alta
participación rexistrada en Ourense, cinco puntos por riba da media estatal e
tres puntos por riba da autonómica, destacando o traballo de mobilización
levado a cabo neste proceso por tódalas forzas políticas que concurrían. O PP gañou en 70 concellos da provincia, en 61 deles con maioría absoluta.
Dixo que no
tocante ao apoio ao PP, o rexistrado en Ourense foi moito máis importante que
as medias estatais (27,05%) e autonómicas (35,75%), alcanzando a nivel
provincial o 43,94%, vinte puntos por riba da porcentaxe rexistrada en apoio ao
PSOE. Esto convirte a Ourense na terceira provincia en apoio ao Partido
Popular, por detrás de Ávila e Cuenca, con 81.572 sufraxios emitidos, tal e
como sinalou Manuel Baltar.
A
nivel de partidos xudiciais, o PP foi a forza máis votada en seis dos sete
partidos xudiciais, sendo o PSOE a forza máis votada no partido xudicial de O
Barco de Valdeorras.
En
canto a alcaldías obtidas polo PP, en Ourense tamén se superaron as medias
estatal (34%) e galega (47%), cun 66%. É dicir, de cada 10 alcaldías, prácticamente
sete son do PP en Ourense. As 61 maiorías absolutas acadadas na provincia
significan o 42% das totais en Galicia, que foron 148, incrementando a
porcentaxe acadada en 2011.
O
PPOU conseguiu 509 dos 900 concelleiros (56,55%). Os concellos con máis apoio porcentual
ao PP foron Beariz (85,96%), Quintela de Leirado (85,75) e Esgos co 81,95%.
O
único concello no que o PP non obtivo representación, situación idéntica á
experimentada hai catro anos, foi en Vilar de Santos. O PSOE queda sen
representación en 13 concellos, mentres que o BNG non acadou representación en
63 municipios.
No
tocante á extrapolación de resultados, se as do domingo tiveran sido Eleccións
Autonómicas, dos 14 deputados que lle corresponderían a Ourense, o PP obtería
os mesmos que ten actualmente (oito). A segunda forza sería o PSOE con catro e
DO e BNG acadarían un, respectivamente. Se o PP aplicase a reforma anunciada a
principio de lexislatura, reducindo o número de escanos no Parlamento de
Galicia (a Ourense lle corresponderían 11 en vez de 14), o PP obtería seis
escanos, tres serían do PSOE e DO e BNG tería un cada un. O PPOU confirmaría en
ámbolos dous casos a súa maioría absoluta no eido provincial (8/14 ou ben
6/11).
Se
as do 24 de maio tivesen sido Eleccións Xerais, o PP tamén confirmarían os tres
deputados na Cámara Baixa dos catro en liza para a provincia.
Asemade,
se estas Eleccións Locais se tivesen plantexado cunha lista única provincial,
en aplicación do método D’Hondt, dos 25 deputados provinciais en liza, tamén a
maioría absoluta sería para o PPOU con 13 escanos, sete para o PSOE, tres para
o BNG e dous para DO. É dicir, “en tódolos escenarios posibles de calquer tipo
de elección, o PP de Ourense reafirmaría a súa posición maioritaria, a mesma
que se ten dado en tódolos procesos electorais”, recalcou Manuel Baltar.
Recoñece
Manuel Baltar a baixada dun escano na Deputación Provincial (de 15 a 14) como
consecuencia dos resultados do Partido Xudicial de Verín, resaltando que foi
por 33 votos entre os 11 concellos desta zona.
Con
relación a cuestións que se tratarán no seo do Partido Popular de Ourense,
Manuel Baltar anunciou que mañá se van analizar os resultados en Xunta
Directiva Provincial ás 19.00 horas. Será o primeiro órgano do partido, a
calquer nivel, que se reúna en Galicia para este fin trala celebración das
Eleccións Municipais.
Tamén
anunciou Manuel Baltar que durante esta semana fará públicos os nomes dos 13
compañeiros e compañeiras que o acompañarán na Corporación Provincial,
recalcando que a renovación será aplicada en nove destes membros. Esta lista,
configurada polo PP de Ourense, será obxecto de votación, chegado o momento,
por parte dos concelleiros e concelleiras dos diferentes partidos xudiciais da
provincia.
Visto
o panorama xeral despois das eleccións, Manuel Baltar concluiu cunha reflexión:
“Ter o 42% das alcaldías de Galicia, ter a única Deputación Provincial de
Galicia e haber obtido a maioría de concelleiros da capital e ser a única
cidade de Galicia na que o PP pode optar a gobernar son boas noticias para os
populares ourensáns, e por elo debo agradecer, como xa fixen a noite electoral,
ás persoas que conforman a estructura orgánica e que traballaron a prol destes
resultados. E como non, agradecer a alta participación da cidadanía, votasen a
quen votasen, porque deso se trata nas eleccións: que a cidadanía elixa a súa
preferencia política para gobernar”.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta