viernes, 22 de mayo de 2015

Eleccións municipais 2015: peche da Campaña en Ourense

Hoxe foi o último día da campaña electoral.


Pola mañá, esperamos ao comezo da Ponte Romana ao presidente do PpdeG Alberto Núñez Feijóo, que foi recibido por Jesús Vázquez. Alí mesmo atendeu aos medios de comunicación e pediu o voto para o candidato, na busca dunha maioría ampla na cidade para que haxa un alcalde, un programa e un proxecto, que só ofrece o PP.

Dixo que "non podemos renunciar, nin permitirnos ou luxo de non ter gobernos, e ter outra vez anos de inestabilidade, anos de divisións".


Cruzamos logo a ponte e no outro lado do Miño esperáronnos outros membros da candidatura e percorremos a Avenida das Caldas, ata o parque, para reunirnos os militantes e simpatizantes do distrito na carpa alí instalada.


A última hora da tarde, recibimos a ministra de Fomento Ana Pastor, que mantivo unha reunión de traballo na terraza das termas da Chabasqueira co candidato Jesús Vázquez, para falar dos temas de interese da cidade.


Logo camiñamos ata o recinto do Campo da Feira, onde centeeares de persoas, escoitaron as palabras dos intervintes nun gran mitín.

Comezou falando o concelleiro e presidente do distrito da ponte, Pepe Araujo e logo interveu o exalcalde e deputado autonómico. Enrique Novoa, "Poli".

A quenda foi logo de Jesús Vázquez, que comezou agradecendo o enorme apoio recibido neste campaña e ofrecendo a súa entrega e a de todos os integrantes da candidatura para traballar con entrega por todos os cidadáns.

Anunciou, o valor da colaboración institucional como un elemento estratéxico imprescindible para o desenvolvemento de Ourense.

Anunciou o compromiso da ministra de Fomento coa reforma da Praza de Abastos n.º 1, e recordou o compromiso aquirido polo presidente dá Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o da Deputación de Ourense, Manuel Baltar para o desenvolvemento da cidade de Ourense que incluiría achegas económicas cuantificadas para a construcción de varios proxectos.

Un balneario na cidade, que poña as bases do novo termalismo como un sector estratéxico, unha nova instalación polideportiva no barrio de Mariñamansa, que se completará cunha piscina climatizada e que dará servizo á zona sur da cidade. E completar o complexo cultural de San Francisco cun novo edificio -ademais da Biblioteca e o Arquivo Histórico, que corren por conta do Estado- e que supoñerá o aproveitamento do espazo ocupado pola antiga igrexa, integrado no actual albergue e sala temporal que emprega o Museo Arqueolóxico. Este espazo, unha vez unificado e liberado dos usos actuais, albergaría gran pinacoteca de Ourense.

Pechou o acto a ministra de Fomento, Ana Pastor, que comezou ponderando o traballo do anterior equipo municipal popular que lideraba, Rosendo Fernández, e tamén os de anteriores alcaldes populares.

Repasou os investimentos realizados nesta lexislatura en Ourense, onde se adicaron sumas inxentes nos PXE para a lata velocidad,  e comprometeu unha leal colaboración co Concello de Ourense, para impulsar proxectos como a Circunvalación Norte, a variante exterior ferroviaria e unha estación intermodal de primeira e sen dilapidacións.

Gabou especialmente a Jesús Vazquez, como a persoa honesta, capacitada e preparada para liderar o futuro de Ourense.

Remata pois a campaña electoral, no que aportei a miña colaboración aos candidatos do Partido Popular en toda a provincia, pero cunha especial dedicación a capital, apoiando a ese gran candidato que é Jesús Vazquez.

Toca agora votar o vindeiro domingo e agardar co máximo respeto a inapelable e libre  decisión dos electores.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta