domingo, 24 de mayo de 2015

Eleccións municipais 2015: "Unha votación libre e democrática"


Ás nove horas de hoxe abríronse os Colexios Electorais e a xornada discorre con total normalidade, nun expléndido día.


Están dispostas no territorio provincial, un total de 560 mesas electorais, situadas en 437 colexios e poderanse elixir 900 concelleiros, que sairán dalgunhas das 285 candidaturas electorais que se presentan.

Na provincia de Ourense, 272.377 electores - deles 269.758 persoas son españolas e 2.619 son estranxeiras - que poden exercer o seu dereito de sufraxio nestas eleccións municipais nas que elixiremos os concelleiros que logo conformarán os gobernos dos 92 concellos e da entidade menor de Berán.

Á súa vez, eses concelleiros elixirán os deputados provinciais que conformarán a Deputación e o goberno que a rexerá.

Na capital da provincia elixiremos 27 concelleiros - que sairán dalgunhas das once formacións que se presentan - e están chamados ás urnas, un total de 87.779 electores.

Eu á hora de redactar esta entrada xa votei no meu colexio electoral e espero co maior interese á conclusión da xornada, para coñecer os resultados libres e democráticos destas importantes votacións.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta