viernes, 15 de mayo de 2015

Eleccións Municipais 2015: na Ponte e na Peroxa

Dedico o día de hoxe á campaña electoral. Pola mañá acompaño ao candidato Jesús Vázquez a un encontro no barrio de A Ponte co presidente dos empresarios do centro comercial aberto. 

Así coñecemos de primeira man as súas inquietudes e necesidades e a petición de revitalización desde populoso barrio

Percorremos logo varios comercios desta zona e falamos cos seus titulares que unanimemente coincidían na necesidade de Aparcadoiro que facilite o estacionamento dos seus clientes. 

Jesús Vázquez destacou a aposta polo comercio, involucrando as distintas áreas do Concello, como auténtico motor produtivo e de dinamización social da cidade, potenciando a súa innovación e competitividade.

Pola tarde estiben no concello da Peroxa para apoiar a lista que encabeza o actual alcalde Manuel Seoane.

Nun ateigado salón tivo lugar o mitin no que falou en primero lugar, Rosa Quintana, a Conselleira do Medio Rural, que destacou a importancia da política entendida como servizo publico ao cidadan.


Manuel Seoane, desgranou durante case unha hora o ser programa de goberno, repasando antes os montos anos de xestion que mudaron por completo este concello rural.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta