jueves, 14 de mayo de 2015

Eleccións municipais 2015: escoitando aos candidatos Cristina Cifuentes e Jesús Vázquez

Asisto hoxe a primeira hora en Madrid a un acto organizado por Nova Economía Fórum protagonizado por Cristina Cifuentes, Candidata polo Partido Popular á Presidencia da Comunidade de Madrid.

Comezou referíndose á necesidade de emitir un voto responsable, con coñecemento de causa e superar a auténtica cerimonia da confusión que preside esta campaña electoral.

Dixo que parece haber máis alternativas que en períodos anteriores, pero o que realmente hai son partidos con nomes novos pero non ideoloxías novas.

 Fronte a posicións socialistas, comunistas e de mercadotecnia, reafirmou a posición do Partido Popular, como partido de centro liberal que apoia a liberdade. E puxo en valor a importancia de non elixir unha ou outra marca política senón a ideoloxía que subxace a cada unha das marcas e as propostas en que cada marca se concreta.

Cualificou o Partido Popular como o de “Facemos”, fronte ao de “Gastemos”, ou “Podemos”.

Explicou a continuación as súas principais liñas programáticas:

- Prioridade nas políticas de loita contra o paro, creando as condicións económicas, fiscais e sociais necesarias para a creación de emprego.


. Rebaixa da tarifa do tramo autonómico do IRPF especialmente ás rendas máis baixas. Rebaixa do Imposto sobre Sucesións e Doazóns para as transmisións entre irmáns, tíos e sobriños. Rebaixa do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados. Mantemento da exención do Imposto de Patrimonio.


. Sanidade pública, universal, gratuíta e da máxima calidade.. educación pública, bilingue e de calidade, reiterando a garantía do dereito dos pais a elixir o modelo de educación que queren para os seus fillos.



. Tamén destacou a súa preocupación polas políticas sociais e en especial oocuparse das persoas máis necesitadas.



Informou sobre o seu modelo territorial para a Comunidade que inclúe como obxectivo prioritario vertebrar os tres grandes ámbitos o norte ambiental, a cidade financeira e turñistica, e facer do sur da rexión o 'Silicon Valley' español e que para iso impulsará o desenvolvemento nesta zona de todos os proxectos estratéxicos orientados a crear emprego, especialmente nos sectores industriais vinculados ás novas tecnoloxías e as actividades de I+D+i.

Creo que estamos ante unha excelente candidata, perfectamente coñecedora da Comunidade de Madrid e cun talante centrado e aberto que é o que coido demanda a maioría da sociedade.

Rematado o Pleno do Congreso dos Deputados a Ourense, e asisto as vinte horas a un mitín do candidato Jesús Vázquez no local social da Asociación de Veciños "Os Montes" no populoso Barrio de San Francisco.

Nun tono tranquilo e convincente, expuso aos numerosos asistentes os seus compromisos. Falou de mellorar e implementar novos programas de ebeestar social, poñendo o foco na xente maior, familias, persoas en risco de exclusión, etc. 

Tamén do impulso creativo que pretende dar a Ourense, como por exemplo habilitando un espazo de encontro das asociacións culturais no Complexo Cultural de San Francisco, que ofreza asesoramento, espazos, obradoiros e outras actividades, favorecendo o aproveitamento de sinerxias.

Asemade falor da importancia de por en marcha o transporte metropilitano, da mellora do servizo de limpeza urbana, e sobre todo de facer do emprego o eixo transversal e prioritario de todas as actuacións de goberno.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta