Salientar que onte tivo lugar a presentación da nova edición do
programa ‘Galicia a todo tren’, na que interviñeron ademais da directora de
Turismo de Galicia, Nava Castro, o xerente do área comercial e servizo de
atención ao cliente de RENFE, Javier Díaz Trisac, e o xerente do Inorde, Jose
Manuel Rodríguez.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, explicou na
presentación que este programa, que naceu como un proxecto turístico pioneiro e
que celebra xa a súa terceira edición, inclúe este ano novos atractivos grazas
á colaboración interinstitucional entre a Xunta de Galicia, Renfe e a
Deputación de Ourense.
Nava Castro explicou que esta iniciativa innovadora que
proporciona ao viaxeiro un novo modo de descubrir algúns dos recursos
turísticos máis singulares de Galicia, pechou na pasada edición cun notable
éxito ao rexistrarse máis de dous mil viaxeiros e unha ocupación media do 82%,
alcanzando as rutas de Valdeorras-Ribeira Sacra e a que circulou exclusivamente
pola Ribeira Sacra unha ocupación do 100%.
Nesta terceira edición Galicia a todo tren continúa ofrecendo
sete rutas que permiten descubrir as diferentes zonas de Galicia con variadas
temáticas: a Ruta dos Faros, a Ruta dos Pazos e Xardíns Históricos e as cinco
Rutas do Viño que percorrerán os distintos territorios onde se producen as
denominacións vitivinícolas galegas: Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro,
Monterrei e Valdeorras.
Segundo sinalou a responsable de Turismo da Xunta, estes sete
itinerarios estarán constituídos por 57 trens que ofertarán os sábados e
domingos dos meses de xuño, xullo, agosto e setembro un total de 2.524 prazas,
74 prazas máis que o pasado año.
Estas rutas temáticas, que se encontran xa á venda dende o
pasado 21 de maio, permitirán ao viaxeiro descubrir tanto o patrimonio cultural
como a natureza galega.
Nava Castro destacou que para esta nova edición, os itinerarios
foron melloradas “incrementando aínda máis o seu atractivo”. Así, entre outras
novidades, a Ruta do Viño de Monterrei inclúe neste ano a visita ao Castelo de
Monterrei, onde os turistas poderán realizar o Túnel do Viño e vivirán un
espectáculo sorpresa; nas rutas do viño Ribeiro e Rías Baixas, se realizará
unha visita ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea de Arbo e ao
Mosteiro de San Clodio; e a ruta da Ribeira Sacra incorpora como novidade a
visita ao Mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil.
Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, cada unha
das rutas pódese realizar nun día e, ademais da viaxe en tren, o programa
ofrece servizo de guía especializado durante todo o percorrido, traslados
complementarios en autocar, entradas a todos os puntos de interese e
actividades.
Principal novidade, o Tren do Peregrino
Como principal novidade desta edición, incorpórase ao programa o Tren do
Peregrino. Esta nova proposta posibilita a realización do Camiño de Santiago
desde Madrid dunha maneira diferente, a bordo dun cómodo Tren Hotel no que os
pasaxeiros disporán de aloxamento na Cabina Gran Clase e restauración no propio
convoi.
As saídas deste Tren do Peregrino terán lugar os días 6, 13, 20
e 27 de agosto e realizarán o percorrido Madrid – Astorga – Ponferrada -
Monforte de Lemos - Ourense - Santiago – Madrid.
Nava Castro destacou que con esta nova proposta os pasaxeiros
poderán realizar diferentes etapas do Camiño de Santiago a pé ou en bicicleta,
ou ben coñecer as diversas cidades nas que estaciona o tren con visitas guiadas
e outras actividades.
Tren dos Balnearios
Ademais este ano se incorpora tamén ao programa o Tren dos
Balnearios, unha nova oferta dirixida a maiores de 50 anos que brindará a
posibilidade de aloxarse durante 6 días, en réxime de pensión completa, nos
balnearios ourensáns de Laias, Carballiño, Arnoia, Baños de Molgas o Lobios e
realizar circuítos culturais pola zona elixida podendo chegar á cidade de
Ourense en tren desde 30 cidades españolas.
Así mesmo, continúa nesta nova edición o Galicia Rail Pass que
un ano máis permitirá a peregrinos e turistas que cheguen a Galicia en trens de
largo percorrido, ou co pase dos trens turísticos, utilizar os trens da rede de
Renfe en Galicia cantas veces queiran durante tres días en fins de semana,
pontes e festivos, e na temporada de verán.
Tamén, chegará a Galicia un verán máis o Tren Al Andalus, o tren
de luxo máis amplo e espazoso do mundo, que percorrerá no mes de xullo durante
cinco días o Camiño de Santiago, con saída desde León e destino Santiago de
Compostela.
http://www.renfe.com/trenesturisticos/otros-trenes-galicia.html
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta