Esta mañá tivemos no
Congreso dos Deputados, a sesión de control ao Goberno, na que a maior atención
se centrou nas preguntas Mariano
Rajoy.
O presidente do Goberno, en contestación ao deputado e líder do Grupo Socialista Pedro Sánchez, que
se interesara pola situación dos mozos españois, sinalou que, se ben en 2011 se
partiu de "unha situación imposible, xa se produciu un cambio de
tendencia, ". Ademais de recordar que, na pasada lexislatura, 1.771.517
persoas novas perderon o seu posto de traballo, tamén dixo que non é verdade
que 500.000 abandonasen España nos últimos anos: segundo o INE, esta cifra é exactamente de 24.638.
Mariano Rajoy
tamén sinalou que "por sorte" hoxe en España a economía crece, se
crea emprego e é "o primeiro país da UE en crecemento": 440.000 persoas
encontraron un traballo en 2014 e 600.000 farano en 2015. É dicir, engadiu o
presidente, "xa empezamos a recuperar os postos de traballo que se
perderon en España". Tamén subliñou que, segundo a última EPA,
o emprego xuvenil crece o 4,7%
O deputado do PNV Aitor Esteban
preguntou polos cambios na Formación Profesional (FP). Ao respecto, o presidente do
Goberno explicou que esa reforma pretende lograr unha Formación Profesional
"útil, que mellore a formación e que faga posible que se poida crear máis
emprego no noso país".
Rajoy afirmou
que a reforma da FP
é "capital" porque, no futuro, España terá que competir con xente
formada e en innovación. Tamén subliñou que os obxectivos desta lexislatura
foron o crecemento económico e a creación de emprego, obxectivos que deberán
manterse tamén para os próximos catro anos.
Así mesmo, Mariano Rajoy
aclarou que a reforma permitirá abrir a FP á concorrencia para que non haxa
monopolios, senón "avaliacións de calidade, información, control e
sancións se hai fraude".
Esta modificación, engadiu o xefe do Executivo, está a conseguir "o máximo
respecto a todas as comunidades autónomas", posto que non ten como
obxectivo quitalo a ninguén ningunha competencia". Asegurou que a vontade
do Goberno é chegar a entendementos coas forzas políticas e proba diso é que se
está a tramitar como proxecto de lei.
Carlos Martínez Gorriarán, deputado de UPyD,
preguntou ao presidente do Goberno polo rescate bancario. Mariano Rajoy recordou que,
cando chegaron ao poder, "unha parte substancial do sistema financeiro
español estaba quebrado". Entón, a decisión do Goberno foi solicitar o
crédito á Unión Europea, igual que fixeran países como Reino Unido, Bélxica,
Holanda, Alemaña e Francia.
Rajoy explicou
que se utilizaron 39.000 dos 100.000 millóns de euros que a UE puxo a
disposición de España, cun período de carencia de dez anos e a un tipo de xuro
por debaixo do 1%.
O xefe do Executivo subliñou que os efectos do rescate foron
"beneficiosos": "Recuperamos a confianza no sistema financeiro
dentro e fóra de España; os tests de estrés que fixo o BCE sitúannos á cabeza de Europa; volveu
o crédito ao noso país; a prima de risco baixou; estámonos financiando a uns
prezos incriblemente baixos e, dende logo, como nunca aconteceu na nosa
historia, e a xente ten os seus depósitos e o seu traballo".
Nestes momentos, agregou Rajoy,
"o Estado é o propietario maioritario dun banco importante como é Bankia". A
decisión do Goberno é privatizar esta entidade, pero "esperaremos a que
haxa as mellores condicións no mercado co obxectivo de lograr a recuperación
maior de toda a cantidade que se pediu prestada".
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta