Celebro moito que hoxe
o Parlamento de Galicia aprobara unha iniciativa do Grupo Popular, que tamén
contou co voto favorable do Grupo Socialista e Grupo Mixto, a través da que se solicita
ao Goberno central para que estude a posibilidade de dar acceso aos balnearios
e outros centros españois de hidroterapia aos cidadáns dos países da Unión
Europea que teñen incluídas as terapias hidrotermais na súa carteira de
servizos, con cargo ao sistema sanitario do país de orixe.
En nome do Grupo
Popular, interveu o portavoz de Sanidade, Miguel Santalices, que manifestou
que “cada vez son máis as voces que sinalan a necesidade de incluír as terapias
termais en España entre as prestacións do Sistema Nacional de Saúde”. En
concreto, lembrou que “desde Galicia xa temos formulado esta demanda ante o
Ministerio de Sanidade, co obxectivo de que todos os cidadáns españois poidan
beneficiarse destes tratamentos a través da carteira de servizos do Sistema
Nacional de Saúde”.
“O envellecemento da
poboación, a demanda asistencial, a redución da factura farmacéutica ou a
insuficiencia financeira son factores que deberían terse en conta para incluír
estes tratamentos na prestación sanitaria”, sinalou Santalices.
Miguel Santalices
indicou que máis de 40 millóns de persoas acoden cada ano en Europa aos
balnearios; en España 1,2 millóns; e en Galicia, 140.000 persoas. “Porén, a
balneoterapia en España non está incluída como prestación sanitaria no Sistema
Nacional de Saúde, ao contrario do que ocorre na maioría dos países europeos”,
apuntou.
“Unha cura balnearia
de 14 días de duración continúa sendo indiscutible como factor coadxudante no
tratamento e rehabilitación de procesos de evolución crónica, como patoloxías
do aparato locomotor, patoloxías do aparato respiratorio ou patoloxías
dermatolóxicas”, explicou o portavoz popular, quen indicou que “a elección de
un balneario debe estar condicionada pola patoloxía a tratar e as propiedades
das augas de cada centro”.
Recibirá resposta
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta