Onte reuniuse o Consello de
Ministros para entre outros acordos, aprobar o Programa de Estabilidade e o
Programa Nacional de Reformas, para a súa inmediata revisión á Comisión Europea
dentro das obrigas dos Estados membros no marco do Semestre Europeo.
Estes son os seus principais titulares:
Estes son os seus principais titulares:
A economía española inicia un ciclo de crecemento próximo ao 3 por 100 e
creará, polo menos, medio millón de empregos ao ano ata 2018.
O Programa de Estabilidade 2015-2018 revisa á alza as previsións de crecemento
e creación de emprego.
A finais de 2015 terase superado o nivel de emprego que había ao peche de 2011,
o paro terá baixado en 419.000 persoas, a taxa de paro rematará 2015 por
debaixo do peche da pasada Lexislatura e reducirase ao 19,8 por 100 en 2016 en
media anual.
A economía española enfila a saída da crise con maior potencial de crecemento e
emprego que os grandes países do euro.
O patrón de crecemento será máis equilibrado entre a demanda interna e a
externa con melloras de competitividade.
Defínese a política presupostaria para o período 2015-2018, que consolida o
crecemento económico e a creación de emprego. O aforro do sector público e o
desapancamento do sector privado manteñen a débeda externa neta nunha senda de
sostibilidade.
España sairá do procedemento de déficit excesivo en 2016 situando o déficit das
Administracións Públicas por debaixo do 3 por 100 do PIB.
A partir dese momento, formúlase unha estratexia de política fiscal neutral,
compatible co marco presupostario do Pacto de Estabilidade e coa Constitución.
A débeda pública comezará a descender o ano 2016, ata situarse no 93,2 por 100
do PIB en 2018.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta