Onte pola tarde recibimos a boa noticia da reanudación das
obras da alta velocidade ferroviaria nunha das bocas do túnel de O Corno de 8.570
m, situado no termo municipal de Laza.
Unha estrutura que albergará a vía dereita dun tramo integrado por dúas plataformas independentes, que completa o túnel paralelo de Cerdedelo-Prado de 8.518 metros de lonxitude para a vía esquerda.
Informa o Administrador de Infraestruturas Ferroviario (Adif), que se dan por solucionadas as discrepancias técnicas coa empresa construtora. Unhas diferenzas que provocaron a ralentización das citadas obras do túnel de O Corno e que xeraron preocupación.
Sen dúbida é unha moi boa noticia, para cumprir os obxectivos temporais marcados e tamén para a economía provuincial e sobre todo para os moitos traballadores que prestan servizos nas empresas adxudicatarias.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta