Hoxe o Diario Oficial de Galicia publica a resolución do 27
de abril de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas, pola que se anuncia a licitación, polo
procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación
do servizo para a elaboración dos estudos previos da terminal de autobuses
integrada na estación intermodal de Ourense, cofinanciada nun 80 % polo Fondo
Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder
Galicia 2014-2020.
O valor estimado do contrato é de 41.913,66 €. E o orzamento
base de licitación ten un importe total de 50.715,53 €.
A data límite de presentación é de 15 días naturais contados
desde hoxe.
A Xunta de Galicia nunha nota, informa hoxe con máis detalle das caracteristicas destes estudios previos:
Levantamento
topográfico
Realizarase un levantamento topográfico do ámbito da actuación e os seus
arredores coa extensión suficiente para a perfecta definición da zona. Este
punto incluirá o levantamento completo dos edificios existentes no ámbito da
intervención. Tamén constarán todos os elementos existentes na parcela de tal
xeito que se poidan identificar os servizos afectados.
Estudo
de necesidades:
Este estudo ten por obxecto o establecemento do programa de necesidades da nova
terminal de autobuses integrada na intermodal de Ourense. Fixarase a capacidade
mínima da nova terminal no que respecta a número de dársenas, servizos a
prestar e dimensionamento de plataformas. Definiranse ademais os espazos e
áreas necesarios para asegurar unha axeitada maniobrabilidade dos autobuses e
avaliaranse as necesidades de aparcadoiro para turismos.
Análise
de impacto:
Realizarase unha análise dos impactos que a actuación prevista terá sobre a
contorna e en especial, sobre a poboación da área metropolitana de Ourense.
O
obxectivo é analizar a potencialidade das actuacións previstas, avaliando o
número actual e futuro de usuarios de ambas estacións, as pautas de mobilidade
e desprazamento da poboación da área metropolitana e valorando o número de
usuarios intermodais potenciais.
Estudo funcional:
Coñecidas as necesidades e realizada a análise de impacto, avaliaranse os
espazos anexos ao actual edificio de viaxeiros da estación de ferrocarril,
ocupados por aparcadoiros e edificios varios, coa fin de determinar a mellor
localización para a nova terminal de autobuses coas mínimas afeccións posibles.
Dimensionaranse
adecuadamente as zonas destinadas ao viaxeiro, a instalacións e a autobuses,
garantindo unha axeitada accesibilidade, maniobrabilidade e operatividade dos
mesmos e as destinadas a turismos.
Liñas,
viario e tráfico:
En primeiro lugar, realizarase un estudo de reordenación das liñas de autobuses
do servizo público regular de uso xeral de transporte de viaxeiros competencia
da Xunta, motivada pola apertura da nova terminal de autobuses.
O
obxectivo do estudo é elaborar unha proposta de itinerarios e puntos de parada
dentro do termo municipal de Ourense, tendo en conta a localización da nova
terminal e a capacidade xeométrica do viario inmediato.
En
segundo lugar, cada posible ordenación de liñas estudada realizarase en función
das dimensións e radios de xiro dos autobuses e demais vehículos que vaian ter
que acceder á nova terminal. Neste informe terase en conta tamén calquera
viario previsto no planeamento urbanístico.
En
terceiro lugar, levarase a cabo un estudo da incidencia sobre o tráfico do
funcionamento da estación intermodal e da nova reordenación de liñas de
autobuses proposta.
Analizarase a repercusión, que sobre o tráfico rodado
actualmente existente na contorna da estación de ferrocarril, previsiblemente
poidan ter os novos fluxos de peóns, ciclistas, automóbiles e autobuses
derivados da entrada en funcionamento da estación intermodal.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta