Asisto hoxe en Madrid ao III Cumio de Internacionalización, organizado pola Cámara de Comercio de España, a Asociación Española de Directivos, o Club de Exportadores e Investidores e o Foro de Marcas Renomeadas Españolas.
Na inauguración interveu en primeiro lugar o presidente do Club de Exportadores e Investidores Españois, Balbino Prieto, que reclamou que a internacionalización se converta nunha política de Estado, non de exclusivamente a competencia dun só Ministerio.
Tamén fixo un chamamento aos partidos políticos a tomar conciencia da importancia do sector exterior que ingresou 240.000 millóns pola exportación de mercadorías e máis de 100.000 millóns pola exportación de servizos en 2014.
Logo interveu a vicepresidenta do Goberno e ministra da Presidencia, Soraya Sáenz de Santamaría, afirmando que a internacionalización española "é un proceso irreversible" e que "se converteu nunha política de Estado"
Destacou as "cifras récord" das exportacións de bens e servizos rexistradas nos últimos meses, así como o feito de que España xa é a segunda potencia exportadora de Europa, só por detrás de Alemaña.
A internacionalización, que supón un dos principais motores económicos da economía española, ten dificultades ante as que "hai que poñer facilidades para que os empresarios poidan superalas, sinalou Sáenz de Santamaría. Neste sentido, destacou o labor de financiamento do ICO, cuxa tarefa se multiplicou por cinco no primeiro trimestre de 2015. Ademais, dixo que se debe axudar a peme a identificar novos clientes e socios noutros países.
Neste contexto, Sáenz de Santamaría indicou que o Goberno ten a responsabilidade de axudar a afrontar o proceso de internacionalización e por iso "non" vai renunciar ás medidas que axudaron a crear emprego e crecer"
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta