Resalto neste blog as palabras
pronunciadas o pasado martes polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy, na inauguración das
xornadas "Traballo autónomo e Economía Social, motores de emprego"
agradecendo aos traballadores autónomos e ás empresas da economía social a súa
importante contribución á recuperación da economía española.
Na súa opinión, o dinamismo e o pulo do traballo autónomo permitiu, dende o
comezo da actual lexislatura, a creación de 215.000 postos de traballo, 96.702
traballadores autónomos e 118.000 persoas contratadas. "Saiban vostedes
-engadiu- que son absolutamente imprescindibles para que a recuperación da
economía española continúe nos próximos anos".
Neste sentido, Rajoy
enumerou algunhas das medidas que aprobou o Goberno para fomentar o autoemprego
e a posta en marcha de empresas da economía social, como son a tarifa plana á
Seguridade Social ou o mecanismo da segunda oportunidade. Destacou
especialmente o Plan de Pagamento a Provedores porque salvou
"xustamente" moitas persoas ás que as Administracións públicas non
pagaban.
De cara ao futuro, o presidente referiuse aos tres últimos
proxectos de lei que o Executivo xa remitiu ás Cortes para facilitar o
autoemprego e a economía social: o Proxecto de Lei de Fomento e Promoción do
Traballo Autónomo e da Economía Social; o Proxecto de Lei de Sociedades
Laborais e Participadas, e o Proxecto de Lei de Reforma do Sistema de Formación
Profesional para o Emprego.
Rajoy tamén fixou uns obxectivos de emprego para o traballo autónomo: o número de afiliados á Seguridade Social destes traballadores debería aumentar en 550.000 persoas no período 2015-2019. Esa cifra, explicou, permitiría superar o máximo histórico de 3.400.000 afiliados ao réxime especial de autónomos logrado en 2008.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta