Destaco
pola importancia que ten para Galicia, a aprobación onte no Consello de
Ministros das medidas correspondentes ao Plan de actuacións de prevención e
loita contra os incendios forestais para o ano 2015. Un Plan que conta coa
participación dos Ministerios da Presidencia; Xustiza; Defensa; Facenda e
Administracións Públicas, Interior; Fomento; Agricultura, Alimentación e Medio,
e Economía e Competitividade.
Cito
alguns dos aspectos máis destacados do presente Plan, que supón a continuación
da política seguida polo Goberno nesta materia:
. As Fiscalías
autonómicas e provinciais dispoñen de fiscais especialistas en delitos
forestais e ambientais baixo a denominación de fiscal contra os delitos
relativos á ordenación do territorio e a protección do patrimonio histórico, do
medio e incendios forestais. O número de fiscais especializados nestas materias
foi constantemente en ascenso dende a creación da especialidade, ascendendo no
ano 2015 a 47.
. Para a
campaña contra incendios forestais 2015, o Ministerio de Defensa contará coa
Unidade Militar de Emerxencias (UME)
e operará os avións apagafogos,
tanto do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, como os do propio
Ministerio.
A UME contará
cun total de 1.500 militares en loita directa contra incendios forestais,
encadrados nos Batallóns de Intervención e articulados en trinta seccións,
entre as que se inclúen as súas bases principais, os despregamentos temporais (Pontevedra, Granada,
Cáceres, Menorca e Mallorca) e as dúas
seccións situadas en Canarias. Ademais, dispoñerá de apoios loxísticos e
operativos, o que elevará a 3.000 o número de efectivos involucrados. Con este
despregamento, a UME
estará en disposición de intervir en todo o territorio nacional nun prazo
inferior a catro horas, dende que se autorizase a súa intervención, coa
excepción de Baleares, Ceuta e Melilla onde será o exército de Terra o que
prestará apoio ata a chegada da UME
no prazo previsto de catro horas.
O 43 Grupo de Forzas Aéreas despregará, dende o 1 de xuño e ata o 15 de
outubro, en sete bases secundarias de operacións, ata un máximo de trece avións
para a extinción de incendios.
Prevese
subscribir, un ano máis, un Convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para articular a
participación das Forzas Armadas en tarefas de prevención de incendios na
devandita Comunidade Autónoma.
- A Policía
Nacional ten previsto desenvolver a operación LUMES 2015 nos mesmos termos que no ano
2014. O dispositivo integrarase e coordinará co plan contra incendios forestais
da administración autonómica galega. Ademais dos efectivos dispoñibles en
labores de seguridade cidadá, en principio prevese integrar no despregamento uns
400 efectivos, número similar ao asignado en edicións anteriores. A Garda
Civil, pola súa banda, dedicará 4.100 efectivos, aproximadamente, aos labores
de prevención, intervención e investigación dos incendios.
- O Comité Estatal de Coordinación de
Incendios Forestais (CECO),
presidido polo subsecretario do Ministerio do Interior, e do que forman parte
tamén representantes da Presidencia do Goberno e dos Ministerios de Defensa e
de Agricultura, Alimentación e Medio, se reunirá sempre que a situación o
requira.
Producirase un reforzo operativo da Sala
Nacional de Emerxencias: Presta servizo 24 horas ao día todos os días do ano,
contando coa información que lle subministran as Delegacións e Subdelegacións
do Goberno, as Comunidades Autónomas, o Ministerio de Agricultura, Alimentación
e Medio e as Direccións Xerais da Policía e da Garda Civil. Dende a Sala
Nacional de Emerxencias, á súa vez, transmítese información e alertas aos
interesados e solicítase, se é o caso, a actuación da Unidade Militar de
Emerxencias, a través da Dirección Xeral de Política de Defensa.
No ámbito internacional son de aplicación os convenios de cooperación en
materia de protección civil con Portugal, Marrocos e Francia, que inclúen a
colaboración relativa á loita contra incendios forestais. No ámbito europeo, o
Mecanismo de Protección Civil da Unión Europea prevé a solicitude e oferta de
medios e recursos extraordinarios.
Os helicópteros da DXT
prestarán o seu servizo para detectar incendios. Ademais, como en anos
anteriores darase información relativa ao risco de incendios forestais e das
estradas cortadas ou afectadas por este motivo a través dos 2.214 paneis
luminosos informativos repartidos en 11.920 quilómetros de autovías. Pola súa
banda, a Agrupación de Tráfico da Garda Civil e os Centros de Xestión de
Tráfico prestarán apoio operativo a todos os labores de xestión do tráfico,
como cortes de estradas, desvíos, itinerarios alternativos, etc., ocasionadas
polos posibles incendios forestais.
Entre as actuacións correspondentes ao
Ministerio de Fomento, figuran as previstas por ADIF e Renfe Operadora respecto da prevención
de incendios na vía (de rede convencional e de rede de alta velocidade) e nas
súas proximidades; as da Dirección Xeral de Estradas (entre elas, as actuacións
de segas, podas e rexeitamento de vexetación, vixilancia da Rede de Estradas do
Estado control de vehículos e convenios de limpeza de áreas devasas coas
Comunidades Autónomas que o soliciten).
Para esta
campaña de verán 2015, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio dispón
de 67 aeronaves de distintas capacidades para apoiar as Comunidades Autónomas
nos labores de extinción. Estes medios aéreos situaranse nas 37 bases
distribuídas en distintos puntos da xeografía peninsular e insular. En
concreto, estes medios aéreos son: 18 avións Canadair,10 avións de carga en
terra Airtractor
802 e 6 avións Fire Boss
AT 802, 8
helicópteros bombardeiros Kamov,
19 helicópteros biturbina,
4 helicópteros BK
117, 2 avións de comunicacións e observación e 6 avións Fire Boss AT-802.
Para
combater os incendios dende terra, os medios humanos están organizados en 10
Brigadas de Reforzo contra Incendios Forestais (BRIF), que desenvolven a súa actividade
en labores de extinción, e están especializadas no combate de grandes incendios.
Ademais, cóntase cun dispositivo periférico formado por 109 profesionais que
desenvolven as funcións de xefatura das bases do Ministerio e a coordinación
destes medios coa Central de Operacións da Área de Defensa contra Incendios
Forestais.
Agardemos que estos importantes medios, coordinados cos das Administracións Autonómicas e Locais gañen a loita contra o lume, na que é absolutamente imprescindible a colabración cidadá.
Agardemos que estos importantes medios, coordinados cos das Administracións Autonómicas e Locais gañen a loita contra o lume, na que é absolutamente imprescindible a colabración cidadá.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta