martes, 2 de junio de 2015

Importante baixada en maio do paro rexistrado

O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de maio de 2015

Son os seguintes:

Ourense:

Baixa o paro rexistrado en maio en relación co mes anterior en 696 persoas, un -  2,56 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a maio do ano pasado, 2.294 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do - 7,98 %. 

O numero de parados queda en 26.440, deles 12.193 son homes e 14.247 mulleres, 24.836 son maiores de 25 anos e 1.604 menores.

Por sectores, 1.204 son da agricultura, 3.596 da industria, 3.240 da construción, 16.033 nos servizos e 2.367 do colectivo sen emprego anterior. 

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en maio en 7.780 persoas con respecto a abril (un – 3,18 %) a segunda maior baixada mensual da serie histórica (estatísticas desde 1996). Con este dato, xa se acumulan catro descensos intermensuais consecutivos do desemprego no que vai de ano. O numero de parados queda en 236.981, deles 109.531 son homes e 127.450  mulleres, 223.881 son maiores de 25 anos e 13.100 menores.

Por sectores, 8.366 son da agricultura, 30.304 da industria, 29.618 da construción, 148.669 nos servizos e 20.033 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a maio do ano pasado, 24.463  persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 10,05 %. 

A evolución do desemprego este mes volve situar a Galicia por riba da media estatal a nivel interanual, unha situación que se leva producindo nos últimos quince meses. Neste mes, tamén se supera á media a nivel mensual.
Valorar ademais, que  xa se acumulan máis de ano e medio de descensos consecutivos interanuais, e que o deste mes foi o maior de todos eles en termos absolutos e relativos. En concreto, este mes a baixada foi de 26.463 persoas (-10,05%) con respecto a maio do pasado ano.
O descenso rexistrado en maio é o maior de toda a serie histórica en termos absolutos, e se se computa en relativos, o maior desde 1999. Con esta evolución, Galicia volve a niveis de desemprego inferiores aos de 2011.
Na evolución dos contratos, este mes rexistráronse un total de 68.273 contratos, 1.093 máis que no mes anterior. Deste total, 4.971 foron indefinidos (7,28%), e 63.302 temporais (92,72%). No eido dos contratos, tamén se rexistra unha interanual positiva do 8,88%.
España

O número de desempregados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego baixou en maio en 117.985 persoas (-2,72 %) e sitúa a cifra total en 4.215.031 persoas.

Trátase da maior caída do desemprego neste mes en toda a serie histórica. Nos sete últimos anos, o paro diminuíra por termo medio no mes de maio en 58.000 persoas.

En termos desestacionalizados, o paro diminúe en 34.160 personas, o mellor dato rexistrado nun mes de maio. A excepción de xullo de 2014, o número de parados en termos desestacionalizados vén reducíndose mes a mes dende maio de 2013, acumulando así 25 meses de caída.

Nos últimos 12 meses, o paro rexistrado diminuíu en 357.354 persoas, o maior descenso interanual do paro de toda a serie histórica, cunha taxa de redución interanual que se sitúa no 7,82%.

Con este descenso, a cifra total de desempregados sitúase en 4.215.031 persoas, 207.328 parados rexistrados menos que en decembro de 2011.

O paro rexistrado diminúe en todos os sectores de procedencia dos traballadores. Entre os que desempeñaron a súa última actividade nos Servizos, diminúe en 68.826 persoas (-2,44%). A mesma tendencia se dá entre os que proceden da Construción (-17.520, un -3,53%), a Industria (-12.874, un 3,01%) e a Agricultura (-14.142, un -6,75%).

Entre o colectivo de persoas sen emprego anterior, o paro redúcese en 4.623 persoas (-1,21%).

O paro rexistrado baixa nas 17 Comunidades Autónomas, entre as que destacan Cataluña (-21.075), Madrid (-16.097) e Valencia (-14.161). 

A contratación indefinida a tempo completo aumenta un 18,4%

No mes de maio, formalizáronse 1.573.293 novos contratos. Isto supón un aumento do 7,9% respecto a maio de 2014. A contratación acumulada nos primeiros cinco meses de 2015 crece un 11,5% respecto á rexistrada no mesmo período do ano anterior.


Pola súa banda, a contratación indefinida crece un 7,5% respecto á rexistrada hai un ano, e a contratación indefinida a tempo completo faino nun 9,5%.
Nos cinco primeiros meses do ano, a contratación indefinida increméntase un 15,4% respecto ao mesmo período do ano anterior, e sobe un 18,4% a contratación indefinida a tempo completo. 


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta