Saliento como moi
positivo que no Parlamento de Galicia, o Grupo Popular apoiase onte hoxe a toma
en consideración da proposición de lei do Grupo Socialista para a reforma do Regulamento desta Cámara e como está a
traballar, porque nunca a oposición ao
Goberno tivo tanta capacidade de iniciativa nin de control como nesta
lexislatura”.
O voceiro Pedro Puy
incidiu na vontade do Grupo Popular de “chegar a un acordo en relación con
calquera cuestión concreta que permita mellorar o funcionamento desta Cámara,
como fixemos coa reforma para permitir o voto das mulleres embarazadas”. Porén,
lamentou “chegar a este punto no que a situación estase a volver insufrible
pola duración dos plenos totalmente anómala no dereito comparado”, pero lembrou
que “non foi porque o PP non intentase chegar a un acordo sobre o dereito de
iniciativa en plenos e comisións”.
“O Grupo Popular
sempre defenderá o dereito de todos os deputados”, asegurou Puy, quen
considerou “paradóxico que outros grupos defendan os dereitos do conxunto dos
deputados da Cámara e ao mesmo tempo protesten porque non teñen preguntas cando
lles afecta a eles e non o fan cando lle afecta a outro grupo parlamentario”.
ACOMODO DO ACORDO DE INICIO DE LEXISLATURA
A irrupción do Grupo
Mixto motivou o acomodo do acordo acadado a inicio de lexislatura a través do que
a oposición tiña dereito a presentar en cada Pleno tres interpelacións, seis
proposicións de lei, tres preguntas ao Presidente e outras seis preguntas aos
membros do Goberno. “Tentamos arranxar o problema por todas as vías posibles:
primeiro, ofrecendo ao BNG que
presentara preguntas ao Presidente en todos os plenos; e despois, ofreceuse
ampliar o período de sesións para que houbera un pleno ordinarios máis; pero o
BNG non aceptou ningunha das ofertas que se lle fixo”, lembrou.
“A partir de aí
montouse un conflito no que din que o PP amordaza á oposición, cando os únicos
que se amordazaron fisicamente foron os membros do BNG, tamén foron os únicos
que renunciaron a facer unha pregunta ao Presidente e os únicos que celebraron
no parque colindante un simulacro ao Parlamento, declinando exercer o dereito
que lles asiste nesta Cámara.”, lamentou.
SUPERANDO O RECOLLIDO NO REGULAMENTO
Ademais, recordou que
“cando o PP estaba na oposición, facía unha pregunta ao Presidente e agora se
fan 3; facía dúas interpelacións, agora a oposición fai tres; se presentaban
dúas proposicións non de lei, agora son seis as que pertencen á oposición; se
presentaban dúas preguntas ao Goberno, agora responde a seis”. “Neste pleno, o
80 por cento das iniciativas presentadas son da oposición, co que estamos
superando moi amplamente o que establece o regulamento”, anotou.
“Nin silenciamos a Cámara, nin amordazamos, nin acallamos
críticas; mesmo asumimos con educación críticas inxustas que non nos merecemos
e que superan a cortesía parlamentaria”, indicou.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta