Intervengo hoxe no
habitual faladoiro de Radio Voz, que modera a xornalista Antía Díaz Leal, e no
que hoxe estiveron Breogán e Domingos Sampedro.
O tema central foi o
anuncio feio esta mañá porlo alcalde José Clemente López Orozco, que confirmou en rolda de prensa que su decisión de renunciar
a ser el candidato do PSOE á alcaldía de Lugo de deixar a súa acta de
concelleiro, so pretexto de posibilitar un pacto de esquerdas que de aos
socialistas a Alcaldía.
Dixen que era una noticia
esperada ao tempo que lamentable pois evidencia a renuncia a principios pola
presión exercida por un partido minoritario Lugo Novo, que obtivo o voto do
11,37 % e que impón o seu criterio ao partido socialista que obtivo o 29,51 %.
E o mais lamentable e
que o PP lucense que obtivo o apoio do 31,99 % do electorado, e polo tanto que
é a lista gañadora perde a lexítima opción de gobernar.
Falei das coalicións
dos partidos que gañan as eleccións para completar as maiorías, que son un
mandato ético e democrático. Máis as coalicións dos partidos que perden as
eleccións, para impedir que gobernen os partidos que gañan, xa non teñen tanto
de democrático, e desde logo, nada de ético.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta