viernes, 12 de junio de 2015

O Partido Popular denuncia o comportamento sectario e excluínte PSOE nas negociacións previas á constitución dos concellos en España

Hoxe pola tarde, véspera da constitución dos novos Concellos en España, e polo tanto a elección de alcaldes o Partido Popular difunde este comunicado:


"O Partido Popular, que foi o partido máis votado polos españois nas pasadas eleccións do 24 de maio, denuncia o comportamento sectario e excluínte PSOE nas negociacións previas á constitución dos concellos en España.


Non só non están a respectar o principio democrático de respecto á lista máis votada, que tanto reclamaron os socialistas para si no caso de Andalucía, senón que se lanzaron a unha carreira desenfreada de acordos con partidos radicais e extremistas sen máis obxectivo que impedir o goberno dos candidatos do Partido Popular.

O PSOE, que hai tempo foi a formación política alternativa ao Partido Popular, hoxe preséntase ante os cidadáns como unha triste sombra de si mesmo: disposto a ceder o goberno a calquera grupo radical, extremista, populista ou independentista, co único fin de impedir o goberno da lista máis votada se esta é do PP.

Esta práctica, que pode ser legal pero é mesquiña e cortoplacista, chegou a límites de auténtico desprezo á vontade popular cando estes acordos de perdedores impiden a gobernación de candidaturas que chegaron a superar o 40% do apoio popular, como é o caso de Marbella ou Almería.

Noutros casos, o sectarismo socialista vai dar a alcaldía a grupos independentistas como é o caso de Badalona, fronte á candidatura do PP que dobrou en votos e concelleiros á segunda forza na cidade.

Mais indigno aínda é que os socialistas decidisen sumar os seus catro concelleiros aos de Bildu e o PNV para arrebatar ao Partido Popular a alcaldía de Vitoria, despois de que o candidato popular, Javier Maroto, sacase unha diferenza de máis de 10 puntos respecto aos proetarras de Bildu.

Con esta decisión, o secretario xeral socialista, Pedro Sánchez, desautorízase a si mesmo como líder dun partido nacional. Hai semanas dixo que non pactaría nin con PP nin con Bildu, unha declaración de intencións que xa resultou indigna dun dirixente político democrático; hoxe vemos que os seus feitos resultaron ser aínda peores: preferiu pactar con Bildu se é para excluír o Partido Popular.

Sánchez ten que explicar a todos os españois que pacta con Bildu para botar o PP. Moitos socialistas sentiranse ofendidos pola decisión do seu secretario xeral e polo seu sectarismo, que non ten límite."

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta