Onte tivemos reunión da Xunta Directiva Provincial do PP de Ourense presidida por Manuel Baltar como tema central da valoración e análise dos resultados electorais acadadados na provincia nas Eleccións Municipais 2015
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, salientou a necesidade de que as institucións reciban o respecto que supón representar democraticamente á xente.
Segundo apuntou, “Galicia e os seus concellos precisan un marco institucional previsible”. Sen embargo, en palabras de Feijóo contemplamos como “nunha cidade un partido di unha cousa, exactamente a contraria noutra cidade e, á súa vez, a contraria que a primeira e a segunda na terceira cidade”.
Trátase, dixo, de “espectáculos que lamento profundamente como político” e algo polo que, engadiu, “a xente está sorprendida” pois “estas actitudes de pouco rigor e respecto polas institucións non se tiñan dado no municipalismo galego”. Por último apuntou que esas formas de actuar “nin son correctas, nin respectuosas coas urnas e a xente”.
Na última das catro xuntas directivas provincias que celebrou esta semana o partido en Galicia, e que tivo lugar en Ourense, Feijóo lembrou que aínda que o PPdeG conseguiu gañar no 65 por cento dos concellos galegos e ser a primeira forza política “de forma clara e nítida sobre o PSdeG, BNG e Podemos en Galicia” o resultado “non é satisfactorio”
Segundo apuntou “somos o partido maioritario de Galicia e queremos que siga sendo así, polo que precisamos que as maiorías sexan máis amplas”. Por isto dixo que “traballamos dende xa para que entender a mensaxe dos cidadáns. Non hai tempo que perder”. “Galicia e a sociedade galega van cambiando e o PPdeG ten que acompasar a súa propia organización a eses cambios”, concluíu.
Así, sinalou que os cambios plantexados serán no eido das políticas, as actitudes e os equipos e se desenvolverán dacordo co calendario que plantexe o Partido Popular a nivel nacional.
Do mesmo xeito informou da presentación dunha ponencia política no mes de xullo, algo que para él, “non é susceptible de retraso”. A este respecto dixo que “vou propoñerlle aos compañeiros de Ourense que nos trasladen cales son eses cambios de políticas e actitudes que proponen, pois queremos escoitar con interés as propostas nesta provincia”.
Por último, reiterou o seu agradecemento do PPdeG ao PP de Ourense polo seu apoio nestas eleccións. “Agradecemos aos compañeiros de Ourense os mellores resultados das catro provincias. Algo “salientable” pois “non era fácil nestes momentos”.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta