miércoles, 17 de junio de 2015

Rajoy adianta a súa intención de seguir baixando os impostos

Esta mañá tivemos no Pleno do Congreso, sesión de control.

O deputado de Esquerda Plural, Cayo Lara, preguntou ao xefe do Executivo polas últimas recomendacións do Fondo Monetario Internacional (FMI). Na súa resposta, Mariano Rajoy explicou que a súa política económica se baseou, principalmente, en reformas estruturais importantes (a reforma laboral, a Lei de Estabilidade Presupostaria, a reforma do sistema financeiro, a reforma enerxética, a da Administración, a de unidade de mercado, a Lei de Emprendedores e Lei de Segunda Oportunidade) e nun plan de consolidación fiscal porque non ten sentido que se gaste por enriba do que se ingresa nun país".


Segundo explicou o presidente, as reformas que se puxeron en marcha "produciron resultados, corrixíronse os desequilibrios, mellorouse a competitividade en España", o que permitiu que xa haxa crecemento económico e que se cree emprego "a moi bo ritmo". Rajoy mostrouse satisfeito porque actualmente "hai máis persoas ocupadas e menos persoas no paro e máis persoas afiliadas á Seguridade Social que cando chegamos ao Goberno", iso a pesar da difícil situación que se viviu nos anos 2012 e 2013.


O xefe do Executivo sinalou que debemos seguir empeñándonos en manter esa política económica. Se o facemos, "nos próximos anos podemos chegar a ver como 20 millóns de cidadáns españois poden traballar".

En calquera caso, agregou, o importante é que España, a diferenza doutros países que fixeron políticas moi equivocadas, mantén a súa soberanía económica e, polo tanto, pode tomar as súas propias decisións.

Rosa Díez, deputada de UPyD, tamén se referiu ás recomendacións do FMI para España. Rajoy contestou que si comparte algunhas delas; outras, non. Recordou que, a semana pasada, o FMI se referiu a tres cousas en relación co noso país. Por un lado, fixou a previsión de crecemento da economía española para 2015 no 3,1%, máis do dobre da media da zona euro e superior á propia previsión do Goberno (o 2,9%). Se se cumpre, "sería sen dúbida un bo dato".

En segundo lugar, o FMI advertiu de que "dar marcha atrás na política económica que se levou a cabo e nas reformas pode constituír un erro, afectaría ao crecemento económico e á creación de emprego que xa se está a producir no noso país", dixo. 

En último lugar, o Fondo fixo algunhas recomendacións e o presidente aclarou que afortunadamente son só iso, recomendacións e sono porque España é un país que nun determinado momento soubo evitar o rescate.

Así mesmo, Mariano Rajoy adiantou a súa intención de seguir baixando os impostos, tal e como aconteceu este ano 2015 co IRPF e co imposto de sociedades, unha baixada que beneficiou a 12 millóns de contribuíntes. Para o ano próximo, o presidente anunciou novas reducións fiscais, ademais das xa anunciadas, "se o nivel de recadación o permite".


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta