O próximo Pleno do Congreso comezará o martes 23 de xuño
ás 16 horas co debate de toma en consideración sobre dúas proposicións de Lei.
A primeira delas, impulsada polo Grupo Parlamentario Socialista, propón
modificar a Lei Xeral Tributaria relativa á publicidade dos datos nos procesos
extraordinarios de regulación tributaria. Por outro lado, tamén se debaterá
sobre a proposición de Lei o Grupo Parlamentario de La Izquierda Plural sobre autoconsumo de
enerxía.
Ademais, o Grupo Parlamentario Popular formulará unha Proposición non de Lei sobre a participación española no Consello de Seguridade de Nacións Unidas e, así mesmo, a Esquerda Plural, outra que se centra nas medidas para promover un "grande acordo sobre a débeda pública europea".
O primeiro día de pleno concluirá co debate das mocións que xurdan das interpelacións urxentes.
O mércores 24 de xuño ás 9 horas, o Pleno seguirá o seu curso coa Sesión de Control ao Goberno, preguntas e interpelacións urxentes.
O Pleno continuará o xoves 25 de xuño ás 9 horas co debate dos ditames da Comisión de Asuntos Exteriores sobre Convenios internacionais. Trataranse nove puntos, o primeiro deles é o acordo sobre Privilexios e Inmunidades da Axencia Internacional de Enerxías Renovables (IRENA), outros tres que seguen a mesma liña sobre o intercambio e protección recíproca de información clasificada entre o Goberno do Reino de España e o Consello de Ministros da República de Albania, o Goberno español e Ucraína e, de novo, o Executivo co Goberno da República de India.

O Pleno seguirá o seu bloque de ditames co Protocolo de
adhesión do Goberno da Federación de Rusia ao Convenio relativo á construción e
explotación dunha Instalación Europea de Radiación Sincrotrónica. Falarase tamén sobre o
convenio entre España e Andorra que abordará temas relacionados con impostos
sobre a renda, a evasión fiscal e o Protocolo establecido para iso.
Seguidamente, tratarase a transferencia e mutualización das achegas ao Fondo Único de Resolución, sobre o acordo entre España e Xeorxia de cooperación no ámbito da loita contra a delincuencia e este primeiro bloque do xoves de pleno finalizará coa Decisión do Consello sobre o sistema de recursos propios da Unión Europea, para garantir o correcto desenvolvemento das políticas da Unión.
O pleno finalizará co debate de totalidade de tres iniciativas lexislativas. A primeira delas, sobre o Proxecto de Lei do sector ferroviario, á que presentaron emendas de devolución o Grupo Socialista, o da Esquerda Plural, o PNV e, dentro do Mixto, ERC e BNG. Continuarase coas emendas de devolución do Grupo Socialista, CiU, e Esquerda Plural, á Lei de Réxime Xurídico do Sector Público e dos mesmos grupos ao Proxecto de Lei do Procedemento Administrativo das Administracións Públicas.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta