Valoro de grande importancia para a mellora da economía española o que hoxe as organizacións empresariais CEOE e CEPYME e as sindicais CCOO e UGT asinaron na sede do Consello Económico e Social de España (CES), o III Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva (AENC) 2015, 2016 e 2017.
Un acordo, orientado á negociación dos convenios colectivos durante a súa vixencia e que a xuízo do presidente de CEOE, Juan Rosell, contribuirá a crear miles de empresas, que teñan beneficios e paguen impostos, o que se converterá en postos de traballo.
O presidente dos empresarios subliñou que o AENC "está pegado á realidade en clave económica, política e social" e que axudará a crear emprego, para o que se necesitan "máis empresarios e máis empresas". Destacou tamén o valor da negociación colectiva, apostando por perfeccionala e modernizala.
Un acordo que debe mellorar a competitividade e o emprego e a xerar confianza na poboación.
http://www.ceoe.es/resources/image/III_AENC_08062015.pd
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta