domingo, 5 de julio de 2015

A vindeira sesión plenaria extraordinaria no Congreso dos Deputados

A próxima semana teremos unha sesión plenaria extraordinaria no Congreso dos Deputados que comezará o martes ás 16,00 horas con tres debates de totalidade. Por un lado, presentarase o Proxecto de Lei de modificación parcial da Lei Xeral Tributaria, ao que presentou unha emenda de totalidade o Grupo Socialista.

Tamén se debaterá o Proxecto de Lei Orgánica para regular o acceso a determinada información contida nas sentenzas ditadas en materia de fraude fiscal, cunha emenda de totalidade de devolución do Grupo Socialista.

De igual modo, defenderase o Proxecto de Lei para conceder créditos extraordinarios e un suplemento no presuposto do Ministerio de Defensa para atender o pagamento de Programas Especiais de Armamento e outras actuacións obrigatorias do departamento, ao que presentaron emendas de texto alternativo os grupos de Converxencia e de Unió e Esquerra, dentro do Grupo Mixto.

A continuación decidirase sobre a tramitación directa e en lectura única do terceiro Protocolo de emenda do Convenio de Cooperación para a Defensa entre o Reino de España e os Estados Unidos e as súas emendas, feito en Washington, que ten como fin acomodar o despregamento de mariñar estadounidenses por tempo indefinido na base aérea de Morón de la Frontera (Sevilla) con capacidade de despregamento rápido en África.

O Pleno continuarase ao día seguinte, o mércores 8 de xullo, ás 9,00 horas coa sesión de control ao Goberno. A continuación, retomarase a orde do día cun debate de totalidade do Proxecto de Lei de Seguridade Nacional.

Máis tarde, se presentarán as emendas do Senado ao Proxecto de Lei Orgánica de réxime de persoal da Policía Nacional, tamén as emendas da Cámara Alta ao Proxecto de Lei Orgánica para modificar a Lei do Poder Xudicial e as modificacións ao Proxecto de Lei que modifica a Lei de Montes.

As tres iniciativas que partiron do Goberno finalizarán a súa tramitación parlamentaria. No caso do texto referente ao persoal da Policía Nacional e da modificación da Lei do Poder Xudicial, será necesario maioría absoluta en senllas votacións de conxunto para quedar tramitadas polo seu carácter orgánico.

Para finalizar, presentaranse no Hemiciclo tres mocións. 

Unha proposta polo grupo parlamentario de Esquerda Plural sobre medidas que pensa adoptar o Goberno fronte aos desaloxos hipotecarios, outra asinada polo grupo parlamentario Socialista sobre a suficiencia financeira das Comunidades Autónomas e Entidades Locais e outra proposta polo Grupo Parlamentario Catalán de Convergència e de Unió sobre a necesidade de que o Goberno considere a redución do IVE a salóns de peiteado e a servizos prestados por persoas que practiquen o deporte ou educación física en instalacións deportivas.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta