Celebro a excelente nova da sinatura
na mañá de hoxe dun convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
representado pola conselleira de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez e Abanca representada polo seu conselleiro
delegado Francisco Botas.
Nun
acto presidido Alberto Núñez Feijóo, que foi acompañado polo vicepresidente
de Abanca, Juan Carlos Escotet.
O
acordo firmado coa primeira entidade financeira de Galicia significa unha dupla
garantía. Por unha banda, asegura que as familias afectadas por execucións
hipotecarias dependentes de Abanca non terán que abandonar a súa vivenda e
poderán seguila habitando cun alugueiro social que nunca pasará dos 75 euros,
en función da súa situación, e para o que poderán contar ademais co apoio
financeiro do IGVS.
Como
segunda garantía, o convenio plasma o compromiso deste banco de cederlle á
Xunta 100 vivendas baleiras para poñer á disposición das familias en situación
de vulnerabilidade, como aquelas persoas xa desafiuzadas ou outros colectivos
con dificultades. Os adxudicatarios destes inmobles nunca pagarán máis de 125
euros ao mes. Estas vivendas súmanse ás 50 que xa cedera no seu día a Sareb.
Este
convenio insírese na folla de ruta do Plan social de loita contra a
desigualdade económica, unha de cuxas prioridades é garantir o dereito á
vivenda. A Xunta loita así contra os desafiuzamentos actuando na prevención,
evitando unha parte importante deles “antes de que se produzan”, algo no que
incidiu o presidente da Xunta.
Na sua intervención Feijoo afirmou que a
política de vivenda, ven sendo “unha prioridade estratéxica”
na acción de Goberno. “Así, a pesar das severas restricións orzamentarias,
destinamos máis de 275 millóns de euros a esta materia”, segundo resaltou
Feijóo, co obxectivo de garantir para todos os cidadáns “un dereito básico como
é o da vivenda”.
Malia
existir aínda, por desgraza, “problemas puntuais a evitar”, o “razoable éxito”
da política de vivenda da Xunta contribuíu a que Galicia se sitúe “entre as
comunidades que menos desafiuzamentos rexistran”, tal e como recordou o
presidente da Xunta.
Isto logrouse con medidas como o programa Reconduce —que
asesora e media antes do desafiuzamento para intentar evitalo—, un plan de
realoxos de persoas desafiuzadas que conseguiu que se atendesen o 100% das
solicitudes que cumpren os requisitos e a posta en marcha dos mecanismos
necesarios para que as familias en emerxencia social poidan ser adxudicatarias
directas dunha vivenda nun prazo máximo de dous meses.
Feijóo avanzou que no “camiño ambicioso” que empeza con este convenio “xa hai
novas etapas previstas”. Unha delas será a creación do Censo de Vivendas
Baleiras, no que xa se está traballando. O obxectivo é “que aquelas familias en
situación de dificultades manteñan unha vivenda digna”.
En definitiva, o acordo asinado hoxe
con Abanca para loitar contra os desafiuzamentos beneficiará “aqueles sectores
da poboación que viven aínda forzosamente afastados dos efectos da recuperación
económica”. “Cremos que eles deben ser os destinatarios primeiros do osíxeno
que o inicio da bonanza insufla nas administracións públicas”, concluíu o
presidente.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta