Mantiven hoxe unha reunión de traballo con Moisés Blanco,
Presidente local do PP de O Barco de Valdeorras e parlamentario autonómico,
acompañado do voceiro municipal, Arsenio Moldes e do concelleiro popular, Antonio
Melo, para falar de dúas infraestruturas que afectan a esta importante Vila,
agora que están nos ministerior en fase de preparación do proxecto de lei dos
Presupostos Xerais do Estado para o 2016.
Os populares barquenses destacaron a relevancia dos
proxectos da Autovia A-76 e da Circunvalación do Barco e a necesidade de que os
compromisos que ata agora veu manifestando e cumprindo a Ministra de Fomento, Ana
Pastor, sigan tendo un reflexo importante nos presupostos do ano que vén.
Solicitáronme que traslade ao Ministerio de Fomento a petición
de aprobación definitiva do proxecto de circunvalación do Barco e a inclusión
nos PGE para 2016 de unha partida presupostaria para que sexa posible licitar
as obras.
Recordar que o 12 de marzo de 2015 o Ministerio de Fomento iniciou, o período de información pública do citado proxecto de trazado desta conexión entre a N-120 e a N-536.
Os populares barquenses, queren que cando se peche o proceso de alegacións e se aprobe o proxecto se liciten as obras para que se poidan iniciar no 2016.

Falamos tamén da Autovía Ourense- Ponferrada. Recordeilles
que o estudo informativo da A-76 foi aprobado definitivamente a principios do
ano 2014 unha vez que en xullo de 2013 se obtivo a Declaración de Impacto
Ambiental favorable. E que a finais de 2014 se encargou a INECO a redacción dos
proxectos de construción dos dous primeiros tramos desta autovía que na súa totalidade
contará con 125 Km.
En concreto son os correspondentes á Veiga de Cascallá - O
Barco de Valdeorras (Este) (8,4 km; 26,35 M€), na provincia de Ourense, e Villamartín
de la Abadía - Requejo (7,6 km; 35,26 M€), na provincia de León.
Ademais a A-76 Ourense-Ponferrada ten consignada nos PGE 2015, unha partida presupostaria para outro tramo desta autovía, o Requejo-A Veiga de Cascallá.
E esperan que o Ministerio de Fomento licite a redacción do devandito proxecto (que ten partida no PGE 2015) antes de que conclúa esta lexislatura.

Tamén me pediron que trasladara ao Ministerio de Fomento a
necesidade de que nos PGE para 2016 figure unha partida presupostaria para
todos os tramos en curso ( en fase de proxecto) e que sería moi desexable que
se incluíse unha partida para licitar un novo tramo (diferentes aos tres
anteriores) para dar así continuidade á A-76.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta