Valoro como de
especial importancia a xuntanza de traballo mantida hoxe en Santiago de
Compostela entre a conselleira de Medio Ambiente, territorio e Infraestruturas,
Ethel Vázquez, con alcaldes dos oito municipios que conformarán nunha primeira
fase a Área de Transporte Metropolitano de Ourense– Ourense, Coles, San Cibrao
das Viñas, Punxín, Barbadás, O Pereiro de Aguiar, Toén e Amoeiro- para impulsar
o Plan de Transporte Metropolitano.
Esta reunión tivo como obxecto impulsar e avanzar nun proxecto
que todos, tanto a Xunta de Galicia como as corporacións municipais, consideran
prioritario, analizáronse os pasos a seguir e fixouse un posible cronograma
para a implantación do Plan de Transporte Metropolitano en Ourense.
A titular de Infraestruturas explicou que a intención do Goberno
galego é axilizar os trámites para dotar a cidade de Ourense e toda a súa área
dun Plan de Transporte Metropolitano para que os cidadáns poidan desfrutar,
canto antes, das vantaxes e dos descontos no transporte público dos que xa se
benefician os habitantes das comarcas da Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo e Vigo.
Esta aposta polo transporte público mellorará a mobilidade dos
veciños destes oito concellos, favorecendo un maior intercambio de viaxeiros,
fundamentalmente coa cidade cabeceira, Ourense. Ademais, suporá o abaratamento
do prezo do billete entre un 20 e un 50% para aquelas persoas que utilizan con
frecuencia o transporte público; e reportaralle beneficios significativos aos
usuarios, con aforros medios duns 600 euros ao ano.
O citado plan, ademais de fomentar un transporte público
eficiente, que permite liberar espazo no centro da cidade, reduce a
contaminación e contribúe a desconxestión e a unha maior fluidez nos tráficos.
Ethel Vázquez apuntou que con esta iniciativa desde a Xunta continúase avanzando un novo paso no obxectivo marcado de completar o mapa do transporte metropolitano nas sete cidades galegas. Deste xeito, os 8 concellos desta área e os seus 140.000 habitantes sumaranse a un Plan de Transporte Metropolitano do que xa se benefician 67 municipios galegos e preto de un millón e medio de cidadáns.
Ethel Vázquez apuntou que con esta iniciativa desde a Xunta continúase avanzando un novo paso no obxectivo marcado de completar o mapa do transporte metropolitano nas sete cidades galegas. Deste xeito, os 8 concellos desta área e os seus 140.000 habitantes sumaranse a un Plan de Transporte Metropolitano do que xa se benefician 67 municipios galegos e preto de un millón e medio de cidadáns.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta