miércoles, 15 de julio de 2015

Jaime de Olano: "non existe un indicador económico que non mellorase sensiblemente nesta Lexislatura"

Esta tarde celebramos no Pleno do Congreso un debate sobre os obxectivos de estabilidade presupostaria e de débeda pública para o conxunto das Administracións Públicas e de cada un dos seus subsectores para o período 2016-2018 e o límite de gasto non financeiro do Presuposto do Estado para 2016.

Interveu en primeiro lugar o ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristobal Montoro que presentou os citados 
obxectivos e o teito de gasto .

En nome do GPP, interveu o voceiro de Presupostos, o deputado lucense, Jaime de Olano que cualificou as cifras como "prudentes e realistas, coas que mandamos de novo unha mensaxe de confianza aos nosos socios europeos e aos investidores internacionais".

Subliñou que demostran que non existe un indicador económico que non mellorase sensiblemente nesta lexislatura, algúns de forma espectacular".

Neste sentido, destacou que "se mellorou o déficit público reducíndoo á metade do que deixou o PSOE, que por segundo ano consecutivo a nosa economía crece e faino con forza, que pasamos en dous anos e medio dunha profunda recesión a un crecemento que non se vía en España dende o ano 2007, e que pasamos de destruír emprego en 2011 a un ritmo do 7,89% a ser capaces de crear un millón de emprego en 2 anos situando a taxa de traballadores con contrato indefinido nun 76% cando en 2011 estaba nun 74% ".

Tamén  o deputado de Viveiro, resaltou que "as exportacións se sitúan en volumes históricos en conto ás súas dimensións, que as importacións adiantan unha maior produción da nosa industria e as compravendas de vivendas anuncian unha reactivación do mercado inmobiliario" "tras 7 anos de caídas constantes". Ademais, puxo en valor "as vendas de vehículos a motor, os Índices de Confianza do Consumidor e do Investidor, as vendas no comercio minorista e nas grandes superficies,".

"Trátase -explicou- dun crecemento do emprego e da nosa economía baseados en piares sólidos: tanto no mercado exterior coma no consumo interno, o consumo privado e o dos fogares españois", "que se ve impulsado polas baixadas de impostos aprobadas este ano".

"Todo isto fixémolo salvagardando o estado de Benestar que estaba en risco de colapso en 2011", afirmou Jaime de Olano, quen recordou que o fixemos sen pasar por trámites tan dolorosos como están a pasar outros con gobernos de esquerdas que prometeron A Arcadia Feliz sen esforzo nin sacrificios e que só trouxeron corralitos e desespero aos seus concidadáns".

"Este cambio -sinalou o voceiro do GPP- fixémolo sós nesta Cámara, sen apoio da oposición, pero moi ben acompañados fóra polo conxunto da sociedade española que soubo, con esforzo e sacrificio mostrar o mundo dos que somos capaces cando as cousas se fan ben".

Por iso, reprochou aos socialistas que nos acusen de electoralismo aqueles que levan toda a lexislatura escondidos, aqueles que dicían non ver a crise que nos golpeaba duramente, pero que si vían brotes verdes cando practicamente non creciamos e que agora, tras 8 trimestres crecendo, tras 21 meses creando emprego e sendo máis competitivos que Alemaña, se negan a ver tamén a recuperación".

"Por máis que retorzan os números, a realidade é incontestable", espetou Jaime de Olano ao PSOE, ao tempo que indicou que "esta realidade é a que fai que na prensa internacional se fale do milagre español e se poña o noso país como exemplo de rápida recuperación dunha crise".

https://youtu.be/w5WMCPE_3jQ

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta