Por fin, a primeira hora da mañá de hoxe, os presidentes e
primeiros ministros dos países da zona euro reunidos desde onte nun cumio
extraordinario sobre o euro acordaron iniciar as negociacións sobre un programa
de apoio a Grecia baixo o Mecanismo Europeo de Estabilidade.
Un programa que está suxeito a condicións estritas e que
vai a acompañado dun paquete de apoio ao crecemento e ao emprego da orde de 35
mil millóns.
Varios parlamentos, incluído o grego, teñen que dar luz
verde ao inicio formal das negociacións. Os ministros de economía e finanzas
discutirán tamén sobre un mecanismo de financiamento para Grecia a curto prazo.
Ao final da conferencia de prensa, Jean-Claude Juncker, presidente da Comisión Europea declarou "non haberá Grexit. Estou satisfeito tanto do fondo como da forma do acordo" Durante a rolda de prensa destacou o acordo para financiar con 35 mil millóns de euros o paquete para estimular o emprego e o crecemento en Grecia, "algo no que a Comisión Europea fixo sempre fincapé".
Ao final da conferencia de prensa, Jean-Claude Juncker, presidente da Comisión Europea declarou "non haberá Grexit. Estou satisfeito tanto do fondo como da forma do acordo" Durante a rolda de prensa destacou o acordo para financiar con 35 mil millóns de euros o paquete para estimular o emprego e o crecemento en Grecia, "algo no que a Comisión Europea fixo sempre fincapé".
Pola súa banda o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, ao termo da
citada reunión de xefes de Estado e de Goberno da zona euro manifestou que o
acordo alcanzado esta mañá ten por obxectivo o crecemento económico de Grecia e
a creación de emprego.
Explicou que este acordo se basea na solicitude por parte
de Grecia dun programa de rescate para os próximos tres anos que consiste
fundamentalmente nun préstamo por parte das institucións.
O devandito programa leva aparellado o cumprimento dunha
serie de obrigas que teñen que levarse a cabo antes de que se aprobe o propio
programa. De feito, este mércores Grecia ten que presentar catro proxectos de
lei un sobre o IVE, outro sobre as pensións, un terceiro sobre a independencia
do Instituto Nacional de Estatística grego e un máis en materia de
consolidación fiscal.
Se o Parlamento heleno o aproba, as institucións europeas comprobarán "se as cousas se fixeron como se comprometeron a facelas, dixo Rajoy.
Se o Parlamento heleno o aproba, as institucións europeas comprobarán "se as cousas se fixeron como se comprometeron a facelas, dixo Rajoy.
A xuízo do presidente, adoptouse unha boa decisión:
"Grecia permanece no euro, todo o que se lle formulou e que se lle pide
ten un obxectivo, que é o obxectivo que de verdade resolve os problemas, que é
o crecemento económico e o emprego, e iso só se consegue con reformas
estruturais, como fixeron outros países da Unión Europea, e, agora, do que se
trata é de que todo o mundo cumpra os seus compromisos".
En relación coa creación dun fondo ao que se transferirán
activos por un valor de 50.000 millóns de euros, Rajoy explicou que 25.000 deles servirán
para recapitalizar entidades financeiras e o resto se dividirá en dúas partes
iguais, unha destinarase a reducir a débeda pública e outra dedicarase a
investimentos produtivos.
En resposta aos xornalistas, cualificou de
"razoable" e "equilibrado" o acordo sobre Grecia alcanzado
esta mañá en Bruxelas. Ao seu xuízo, trátase dunha "boa noticia"
porque reforza ao euro, "unha moeda na que todos queren estar e ninguén
quere saírse", e porque reflicte dous valores fundamentais da Unión
Europea: a solidariedade e a confianza.
Rajoy recordou que os Estados nacionais
prestaron a Grecia cantidades equivalentes ao 90% do seu Produto Interior Bruto
(PIB) e que
"esa solidariedade se mantén tras o acordo" de hoxe. Respecto á
confianza, para que funcione unha organización como a Unión Europea -da que
forman parte vinte e oito países-, ou a zona euro -con dezanove-, debemos
confiar os uns nos outros, e a confianza hai que gañarlla, dixo. Rajoy subliñou a
importancia de cumprir os compromisos, as regras e os procedementos.
O presidente mostrouse convencido de que se todos levan
adiante a súa parte do acordo, "ao final haberá en Grecia crecemento,
creación de emprego e, polo tanto, mellorará o benestar e riqueza de todos os
cidadáns, que é o tema capital,".
Unha vez que o Parlamento grego aprobe
as leis necesarias e as institucións revisen que cumpriu os seus compromisos,
España achegará ao programa -a través dun préstamo do Mecanismo Europeo de
Estabilidade (MEDE)-
en torno ao 11-12%-12 do total, o que lle corresponde polo seu PIB, explicou Rajoy.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta