O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, comparecerá o próximo mércores, a partir das 9,00 horas, nunha sesión extraordinaria do Pleno do Congreso dos Deputados para informar sobre a última reunión do Consello Europeo, celebrada os pasados días 25 e 26 de xuño.
Nesta sesión debaterase e votará tamén o acordo polo que se fixan os obxectivos de estabilidade presupostaria e de débeda pública para o conxunto de Administracións Públicas e de cada un dos seus subsectores para o período 2016-2018 e o límite de gasto non financeiro do Presuposto do Estado para 2016.
Reforma IRPF:
O mércores verase tamén o Real Decreto Lei 9/2015, do 10 de xullo, de medidas urxentes para reducir a carga tributaria soportada polos contribuíntes do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e outras medidas de carácter económico.
Así
mesmo, decidirase sobre a validación ou derrogación do Real Decreto-Lei 8/2015,
do 26 de xuño, de medidas de apoio para a continuidade de Barcelona como
"Mobile World Capital" para o período 2019-2023.
Por
outro lado, someterase a votación a autorización da Cámara ao Ministerio de
Defensa para o despregamento e a participación das Forzas Armadas na operación
militar da Unión Europea no Mediterráneo Central
Meridional, EUNAVFOR MED.
O
xoves, continuarase o Pleno ás 9,00 horas co Terceiro Protocolo de Emenda do
Convenio de Cooperación para a Defensa entre o Reino de España e os Estados
Unidos de América, da 1 de decembro de 1988, e as súas Emendas, feito en
Washington o 17 de xuño de 2015, despois de acordarse o pasado martes a súa
tramitación directa e en lectura única, co que non necesitou pasar por
Comisión.
Veranse
tamén varios ditames da Comisión de Asuntos Exteriores sobre convenios
internacionais.
Protección
da infancia:
O
Pleno debaterá e votará as emendas do Senado ao proxecto de lei de modificación
do sistema de protección da infancia e a adolescencia, que con esta votación
quedará aprobado de forma definitiva e queda listo para ser publicado no BOE.
Por
outro lado, a Cámara debaterá os ditames de Comisión e as emendas ao articulado
que os grupos manteñan vivas para defendelas ante o Pleno de varias iniciativas
lexislativas que, unha vez votadas, pasarán a continuar a súa tramitación no
Senado. Se a Cámara Alta non introduce cambios, quedarían definitivamente
aprobadas, pero se as emenda, deberán volver ao Pleno do Congreso para que este
ratifique ou revogue as modificacións.
Recurso
previo de inconstitucionalidade:
Así,
verase o ditame da Comisión Constitucional e as emendas ao articulado sobre a
proposta impulsada polos grupos Popular e Socialista de modificación da Lei
Orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, para o
establecemento do recurso previo de inconstitucionalidade para os Proxectos de
Lei Orgánica de Estatuto de Autonomía ou da súa modificación.
Do
mesmo modo, debaterase o ditame e as emendas á Lei Orgánica do Grupo Popular
para reforzar a protección das menores e mulleres con capacidade modificada
xudicialmente na interrupción voluntaria do embarazo.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta