O
Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de xuño de 2015
Son os seguintes:
Ourense:
Baixa o
paro rexistrado en xuño en relación co mes anterior en 881 persoas, un -
3,33 %.
A nivel
interanual, isto é, con respecto a xuño do ano pasado, 1.980 persoas saíron en
Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do - 7,19
%.
O numero
de parados queda en 25.559, deles 11.786 son homes e 13.773 mulleres, 24.121
son maiores de 25 anos e 1.438 menores.
Por
sectores, 1.229 son da agricultura, 3.444 da industria, 3.114 da construción,
15.423 nos servizos e 2.249 do colectivo sen emprego anterior.
Galicia:
O paro
rexistrado de Galicia baixou en xuño en 7.919 persoas con respecto a
maio (un – 3,34 %)
O numero
de parados queda en 229.062, deles 105.211 son homes e 123.851 mulleres,
217.585 son maiores de 25 anos e 11.477 menores.
Diminúe en todas as provincias,
especialmente en Pontevedra, tanto en termos absolutos como relativos. O maior
descenso por sectores de actividade económica, en termos absolutos, prodúcese
no sector servizos; pero cómpre destacar o comportamento da construción, que é
o sector económico que máis descende en termos relativos.
Así,
8.059 son da agricultura, 29.232 da industria, 28.502 da construción, 144.263
nos servizos e 19.006 do colectivo sen emprego anterior.
Estos
datos acreditan que a finais de xuño de 2015 hai en Galicia 29.172 parados
menos que en decembro de 2011.
A nivel interanual, isto é, con respecto a xuño do ano pasado, 23.248
persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do
desemprego do – 9,21 %.
Superamos a media
estatal en termos interanuais e intermensuais: Estado: -2,25% Galicia: -3,34% Interanual Estado: -7,40% Galicia: -9,21%
España
O
número de desempregados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de
Emprego baixou en xuño en 94.727 persoas (-2,25 %) e sitúa a cifra total en
4.120.304 persoas a
menor cifra dende agosto de 2011.
Estos datos acreditan que a finais de xuño de 2015 hai en España 302.055 parados rexistrados menos que
en decembro de 2011.
Trátase do quinto mes consecutivo de descensos. Nos sete últimos anos, o paro diminuíra por termo medio no mes de xuño en 74.000 persoas.
O paro rexistrado diminúe en case todos os sectores de procedencia dos
traballadores. Entre os que desempeñaron a súa última actividade nos Servizos,
diminúe en 61.887 persoas (-2,25%). A mesma tendencia se dá entre os que
proceden da Construción (-11.706, un -2,44%) e da Industria (-14.139, un
3,41%). Entre o colectivo de persoas sen emprego anterior, o paro redúcese en
4.623 persoas (-1,21%) e nos procedentes da Agricultura sobe en 7.027 persoas
(3,60%)
O paro rexistrado baixa nas 17 Comunidades Autónomas, entre as que destacan
Cataluña (-20.952), Madrid (-14.090) e Castela e León (-8.255).
Estes datos evidencian unha vez máis que se consolida a tendencia positiva no
mercado de traballo.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta