Alberto Núñez Feijóo, asegurou que servirá para que Galicia sexa a Comunidade no lugar que máis facilidades dá ás mulleres e os homes que se queren converterse en nais e pais. Neste senso, recordou que a Xunta de Galicia xa aumentou desde 2009 as prazas públicas de garderías, así como aprobou deducións fiscais que situaron á nosa Comunidade á cabeza de España neste eido.
Durante a súa intervención, Feijóo apostou por trasladar a maior capacidade de gasto que se prevé para os próximos anos e que, segundo dixo, o próximo 2016 dará novas posibilidades ás familias e aos sectores produtivos galegos.
O Partido Popular de Galicia considera que un dos principais problemas de Galicia é a súa situación demográfica e, por iso, plantexa como prioridade o impulso á natalidade con axudas directas para as familias galegas con fillos a través de bonos-gardería e bonos-coidador.
MOVERSE CON GALICIA
Feijóo comezou a súa intervención agradecendo aos centos de persoas, entidades e colectivos que lles fixeron ao PPdeG as súas achegas en case 100 reunións, dándolles tamén a súa confianza. Ademais, agradeceu a implicación, ilusión e axilidade que amosaron os integrantes do equipo redactor formado por Elena Candia, Alfonso Villares, Ana Villarino, Jesús Vázquez, Ángeles Vázquez,María Ramallo,José López Campos, Juan Francisco López, Javier Dorado, e Ovidio Rodeiro; coordinados por José Manuel Rey para a creación do texto da Ponencia.
No acto, Feijóo lembrou que son os populares os que teñen que acompasarse e adaptarse con novas políticas, novas actitudes, e novos equipos para avanzar por Galicia e con Galicia no seu constante movemento. Segundo o líder popular, avanzar por Galicia significa evolucionar para ocupar o mesmo sitio que a maioría dos galegos, que é a centralidade política, representando á maioría da xente.
Tamén recordou que o PPdeG tivo que afrontar a peor recesión económica da nosa historia, algo que non incrementou a popularidade do partido, ao tempo que recoñeceu que, se ben as dificultades implicaron tomar medidas que supoñían un esforzo para os galegos, quizais eles tampouco se explicaron con suficiente claridade e, nalgunha ocasión, equivocáronse.
De todos os xeitos, o presidente dos populares asegurou que se o prezo de todo o traballo é un menor apoio electoral nun momento determinado, valeu a pena. E é que a xestión da crise deu resultados dos que agora se beneficiará a sociedade xa que Galicia sigue sendo unha autonomía estable e autogobernada, a economía medra, levamos 20 meses consecutivos con baixadas do paro e hoxe existe a capacidade e os recursos precisos para poder presentar novas ideas e propostas.
RECUPERACIÓN ENTRE TODOS E PARA TODOS
O mandatario popular explicou que hai infinidade de indicadores e cifras que proban a mellor situación da economía pero que o obxectivo da Ponencia son todos os galegos e galegas xa que a recuperación só será completa se é entre todos e para todos.
Por iso, o presidente popular asegurou que o que queren é que se poida falar de máis emprego para os mozos e para outros colectivos de difícil inserción laboral; ademais de que medren os nosos sectores estratéxicos, especialmente o ámbito primario que ciclicamente sofre dificultades como, por exemplo, o sector lácteo.
O PPdeG tamén desexa que cada persoa que teña unha idea conte cunha rede de viveiros e cunha proposta fiscal que o impulse a nivel individual, que calquera que queira investir en Galicia teña facilidades para facelo continuando coa baixada do prezo do solo industrial e lograr que a industria se modernice primando a aplicación da Industria 4.0. e a innovación das empresas. A maiores, Feijóo amosou a súa vontade porque o conxunto das empresas vexan na internacionalización unha porta irrenunciable nos nosos tempos que o partido seguirá abrindo.
No eido do turismo, transmitiu as súas ansias para que Galicia compita como un único destino e para o que propoñen crear unha tarxeta turística oficial que permita un acceso máis vantaxoso a toda a oferta da nosa terra.
Por outra banda, queren ser capaces de establecer unha política fiscal e tributaria máis xusta para todos os contribuíntes porque a baixada de impostos é a liña na que cren e, por iso, é o que fixeron de xeito selectivo nos últimos anos, aínda que con moita menor intensidade da que lles gustaría.
Feijóo afirmou que, xa que a xestión responsable da crise comeza a dar resultados, unha nova baixada do IRPF para todos os contribuíntes galegos é a liña que hai que seguir ademais de que, xa que agora que hai marxe para facelo, tamén revisarán o Imposto de Sucesións e Doazóns.
Segundo o presidente, o obxectivo é lograr unha recuperación económica para todos, coas máximas oportunidades e o máximo benestar, tal e como conseguiron facer grandes cousas a pesar da crise. Desde modo, lograron construír nos últimos anos hospitais públicos e centros de saúde, o mantemento dunha asistencia sanitaria pública, gratuíta e universal, e a mellora da educación con máis tecnoloxía e máis idiomas.
O líder dos populares tamén adiantou que no futuro empregarase internet tanto no ámbito rural como no urbano con normalidade ao igual que poderemos viaxar en AVE de xeito habitual.
Do mesmo xeito, Núñez Feijóo recordou máis propostas polas que teñen que traballar agora, como a consolidación de medidas de apoio ás persoas en situación de exclusión e de apoio a disposición da clase media.
AVANZAR COA XENTE
O líder do PPdeG recoñeceu que os populares saben que os cidadáns esixen novas canles de comunicación cos partidos políticos. Por iso, recuperar e reforzar o contacto coa cidadanía é a terceira das grandes prioridades da Ponencia. Segundo o mandatario, non basta con gobernar aos galegos senón que aspiran a gobernar, sempre e en todo momento, cos galegos.
Para dar resposta á necesidade dos cidadáns que esperan unha relación máis estreita, cotiá, e individualizada, o mandatario popular anunciou que terán máis presenza na rúa a través das Oficinas de atención ao cidadán, mediante as redes e máis presenza con carácter xeral, para que non haxa unha soa persoa que queira saber a opinión do partido e que non a teña.
Do mesmo xeito, asegurou que queren renovar a relación coa militancia, por iso, proporán que os miles de afiliados teñan un maior protagonismo tanto na elección dos cargos políticos como no seguimento das súas actuacións, dando conta periodicamente de como usan a súa confianza. Para rematar, Feijóo afirmou que se hoxe puideron sumar propostas con esta Ponencia, cando estea aprobada definitivamente, poderán sumar feitos.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta