O paro rexistrado no mes de xullo baixou en 74.028 persoas, o maior descenso neste mes dende o ano 1998.
Con esta nova redución, o número de parados sitúase en España en 4.046.276
persoas, moi preto de baixar da barreira dos catro millóns e ao nivel existente
en setembro de 2010.
Xa hai 376.083 parados menos que ao comezo da lexislatura, en decembro de 2011.
En termos interanuais, o paro baixa en 373.584 persoas, o maior descenso de
toda a serie histórica. O ritmo de caída do paro acelérase ata un 8,5% anual.
Deste descenso tamén se benefician os menores de 25 anos, entre os que o paro
baixa en 56.012 persoas, a maior redución dende 1997 e a un ritmo do 14,3%.
A calidade o emprego mellora. A contratación indefinida subiu en xullo un 8,56%
respecto ao mesmo mes do ano 2014. No que vai de 2015, a devandita contratación
crece a un nivel do 14,4% en relación ao ano pasado e a indefinida a tempo
completo faino nun 17%.
Xunto aos datos de redución do paro, España segue creando emprego.
GALICIA
O paro rexistrado de
Galicia baixou en xullo en 12.691 persoas con respecto a xuño (un – 5,54
%) .Unha porcentaxe que triplica á media estatal e que supón a maior baixada
relativa do Estado en termos mensuais. Este é o sexto descenso mensual consecutivo no que vai de 2015, e o maior de
todos eles en termos absolutos e relativos.
O numero de parados
queda en 216.371, deles 98.600 son homes e 117.771 mulleres, 205.557 son
maiores de 25 anos e 10.814 menores.
Son, 7.419 son da agricultura, 27.631 da industria,
26.974 da construción, 133.569 nos servizos e 18.778 do colectivo sen emprego
anterior.
Poñer en valor a evolución interanual, cunha
diminución do 9,95% (-23.908 persoas). Se rexistrou a maior
baixada interanual en termos absolutos dun mes de xullo de toda a serie
histórica (estatísticas desde 1996) e a segunda se se toman como referencia os
datos relativos. É, ademais, o segundo ano consecutivo no que se consegue
reducir o paro en xullo en termos interanuais.
Ademais, con este descenso, xa se acumulan vinte e unha baixadas interanuais consecutivas desde novembro de 2013. Grazas a este comportamento, Galicia volve a niveis de paro inferiores aos que existían en 2011, isto é, o desemprego volve a niveis de hai catro anos.
A nivel
interanual, isto é, con respecto a xullo do ano pasado, 2.094 persoas
saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do
desemprego do - 7,99 %.
O
numero de parados queda en 24.108, deles 10.953 son homes e 13.155 mulleres,
22.731 son maiores de 25 anos e 1.377 menores.
Por
sectores, 1.072 son da agricultura, 3.313 da industria, 2.943 da construción,
14.506 nos servizos e 2.274 do colectivo sen emprego anterior.
Estos
datos acreditan que a finais de xullo de 2015 hai en Ourense 4.109 parados
menos que en decembro de 2011.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta