Dende as 9,00 horas
ata as 18,15 do día de hoxe presidín a Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados
que na súa orde do día contemplaba as comparecencias relacionadas co Proxecto
de Lei de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2016 do Secretario de Estado
de Infraestruturas, Transporte e Vivenda, presidente de ENAIRE e presidente SEPES; do Subsecretario de Fomento;
Secretario Xeral de Infraestruturas e Presidente de SEITTSA; da Secretaria Xeral de
Transporte; do Presidente da Entidade Pública Empresarial Renfe-Operadora; do Presidente
de Ente Público Portos do Estado; e do Presidente da Entidade Pública
Empresarial ADIF
O primeiro en comparecer foi o Secretario de Estado, Julio Gómez-Pomar, que comezou afirmando o PGE-2015 é o punto de inflexión na Lexislatura, xa que é o primeiro presuposto onde non foi necesario recoller pagamentos de obrigas pendentes de exercicios anteriores, á vez que se continúa coa redución do gasto corrente e se incrementa o investimento produtivo.
O primeiro en comparecer foi o Secretario de Estado, Julio Gómez-Pomar, que comezou afirmando o PGE-2015 é o punto de inflexión na Lexislatura, xa que é o primeiro presuposto onde non foi necesario recoller pagamentos de obrigas pendentes de exercicios anteriores, á vez que se continúa coa redución do gasto corrente e se incrementa o investimento produtivo.
Dixo que os recursos do Grupo
Fomento para 2016 ascenden a 19.279 M€ o que supón un 10,2% de incremento respecto aos
recursos totais de 2015. E que teñen unha clara vocación investidora.
O investimento
distribuído por sectores é o seguinte: 5.460 M€ para ferrocarrís (54% do total) 2.383
M€, para
estradas (23% do total) 609 M€
para aeroportos e navegación aérea (6% do total) 1.000 M€ para política portuaria e seguridade
marítima (10% do total) (+4% respecto
PGE-2015) 620 M€ para actuacións de
vivenda e chan (6% do total) e 57 M€
para o resto de investimentos (1%)
Logo explicou os distintos
investimentos por sectores e concluíu que o Grupo Fomento, a través dos
Presupostos vai contribuír a consolidar ese escenario mediante dous piares
básicos: o investimento produtivo e a mellora de competitividade a través das
medidas liberizadoras e reguladoras.
Tanto unha como outra están orientadas e
dirixidas a facilitar a actividade dos actores económicos que permita que a
recuperación e o crecemento se convertan no principal factor de creación de
emprego e sexan o inicio dun novo círculo económico virtuoso.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta