Tamén onte compareceu o
presidente Gonzalo Ferre
Moltó, para explicar as liñas de actuación de ADIF e ADIF AV en materia
presupostaria ao longo do próximo ano.
Informou que pola nosa rede circularon unha media de 5.858 trens diarios, que
percorreron 204.209.918 km e utilizaron 468.012.800 viaxeiros.
O incremento de actividade púxose de manifesto especialmente no crecemento de viaxeiros en alta velocidade nun 16% que se debe principalmente
a un incremento da ocupación de trens, o que ademais pon de manifesto a
optimización dos servizos ferroviarios
E o incremento de circulacións de mercadorías de compañías privadas foi dun 28,8% Cada vez máis
empresas ferroviarias contan con licenza para transportar mercadorías e as súas
circulacións se concentraon
nalgúns itinerarios.
Resaltou que por outra parte, grazas ás medidas de reforma que levamos a cabo
nos últimos anos, se conseguiron importantes reducións de gasto e incremento
dos recursos de ADIF
e ADIF Alta
Velocidade.
En canto ás previsións para ADIF
AV, dixo que
todos os datos apuntan cara a un continuo crecemento de viaxeiros en alta
velocidade.
A demanda de viaxeiros de alta velocidade segue superando a demanda en rede
convencional de media e larga distancia (O ano pasado ascendeu 29,6 millóns de
viaxeiros.
Afirmou que ADIF
Alta Velocidade está apostando por completar a rede que se encontra en
execución, co que nos próximos anos se espera incrementar significativamente o
número de viaxeiros en alta velocidade.
Para desenvolver estes obxectivos nos Presupostos Xerais do Estado para 2016 infiormó que están previstos
investimentos por importe de 3.686,8 M€, o que supón un incremento con
respecto ás partidas dos presuposto de 2015 destinadas a alta velocidade do
1,7%
En canto á rede
convencional, dixo que ADIF
xestiona uns 13.000 km polos que circula o tráfico de proximidades e a longa e
media distancia, así como o tráfico de mercadorías.
Destacou o importante servizo que prestan as Proximidades, que son o corazón do
servizo ferroviario, cun total de 408 millóns de viaxeiros en 2014. Case o 90%
dos usuarios, máis dun millón de persoas todos os días, utilizan o tren en
traxectos de proximidades.
Un ferrocarril, que evita cada día que os accesos viarios colapsen e reduce de
xeito significativo a contaminación nas zonas urbanas.
En relación co transporte de mercadorías dixo que resulta necesario definir
liñas prioritarias, centrar os investimentos nestas e modernizar a súa xestión
e explotación.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta