Esta mañá na sede do P.P. en Ourense, os parlamentarios Celso Delgado, Guillermo Collarte, Ana Vázquez e Carmen Leyte, demos
unha rolda de prensa coa presenza do presidente provincial Manuel Baltar para facer unha valoración
do proxecto de Lei de Presupostos Xerais do Estado de 2016.
Dixen que son uns presupostos marcadamente sociais, que reforzan a senda de crecemento e emprego dos dous últimos anos, e que seguen promovendo benestar a todos os españois facéndoos partícipes da recuperación.
Cunha economía crecendo este ano en torno ao 3.3% e máis dun millón de empregos creados nos dous últimos aumentan os ingresos (+4.0% tributarios, +3% non tributarios), diminúe o gasto de prestacións por desemprego nun 21,7% e a carga da débeda.
Estes novos recursos destínanse a fortalecer o gasto social (pensións, servizos sociais, bolsas, etc), devolver benestar aos cidadáns (maior rebaixa fiscal, recupera beneficios dos funcionarios, incrementa taxa reposición...), aumentar o investimento produtivo e reducir o déficit fiscal situándoo por primeira vez dende 2007 por debaixo do 3% (2.8%).
A presentación dos PGE 2016, non só supoñen un exercicio de responsabilidade e o cumprimento das obrigas cos nosos socios europeos, senón que ademais son as ferramentas que dotan á economía española da estabilidade e a credibilidade necesarias para afianzar a mesma senda de crecemento e creación de emprego que tivemos durante este ano.

O gasto social volve ser nos PGE 2016 a partida máis importante,
representa o 53.5% do gasto total e ascende a 188.130 millóns de euros (+2.7%,
4.900 millóns máis que en 2011). Se engadimos o gasto social indirecto (a
través de transferencias e achegas a fondos ás AATT) 70.8 de cada 100 euros gastados
nos PGE2016 van destinados a gasto social. O gasto social directo sen
desemprego, que ascende a 168.309 M€,
aumenta en 6.199 M€
respecto a 2015 (+3.8%).
A continuación referinme aos investimentos do Estado en Ourense que contempla o novo proxecto de lei de Presupostos Xerais do Estado para 2016 e nos que se mantén e incrementa o compromiso do Executivo que preside Mariano Rajoy coa provincia. Uns investimentos próximos aos 800 millons de euros.
Destaquei que un ano máis o ministerio que dirixe Ana Pastor presta unha especial atención as xustas demandas de Galicia.
O investimento conxunto do grupo Fomento na provincia ascende a 771,27 millóns de euros, un 343,7% sobre a media nacional, e incrementouse un 27,42% respecto ao investimento en 2015.
O groso do investimento de Fomento en Ourense levarallo a liña de Alta Velocidade Lubián-Ourense, á que o ministerio dedicará 731,4 millóns do total dos 933 que se prevé gastar nesta liña ( entre Zamora e a nosa provincia), pero tamén hai previstos outros investimentos en ferrocarril que sitúan á provincia como a primeira de España en investimento en ferrocarril cunha cantidade un 632,8% por enriba da media nacional.

Destaquei, entre outros
investimentos previstos, que Fomento
dedica ao mantemento da rede convencional de ferrocarrís na provincia un total
de 11,2 millóns de euros, mentres que Adif inclúe 1,47 millóns para Ourense que
supoñerán, por exemplo, actuacións na LAV Ourense-Santiago (0,64 millóns), nos
pasos inferiores de Ourense
(0,5 millóns) ou na rehabilitación de trincheiras na liña Monforte-Ourense-Santiago (0,32
millóns). Pola súa banda, Renfe
investirá 1,97 millóns de euros máis para realización de actuacións de mellora
da seguridade na circulación, adquisición de novo material móbil, actuacións
sobre material existente, sistemas de información e venda e investimentos en
talleres e outras instalacións
Tamén o proxecto da nova estación de Ourense figura nas previsións cun millón
de euros.
Na autovía A-56,
está previsto licitar as obras do primeiro tramo da Variante Norte de Ourense: o tramo Eirasvedras - Quintela, para o que
se destina unha dotación de 3,70 M€,
e tamén se destina 1 M€
para licitar as obras de conexión da N-120 coa N-536, no Barco de Valdeorras.
Tamén haberá 401.000 euros para
avanzar na redacción dos proxectos dos tramos A Veiga de Cascallá-Requejo e O Barco de Valdeorras-A Veiga de Cascallá,
pertencentes á autovía A-76
Ponferrada-Ourense.
Para o mantemento, conservación e mellora da seguridade vial da Rede de Estradas do Estado en
Ourense
contémplanse partidas no presuposto por importe de 16,7 M€ (9,4 M€ DGC+ 7,3 M€ SEITT), que permitirán desenvolver,
entre outras, actuacións como a rehabilitación do firme en A-52.
Por outra parte, a Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Chan inclúe
849.000 euros para a restauración do mosteiro de Melón e outros 360.000 para a
igrexa de Santa Comba,
en Bande.
Pero non só Fomento
investirá na provincia. Os PGE
do 2016 rexistran tamén unha partida de 3 millóns do Ministerio de Cultura para
a Biblioteca e o Arquivo Provincial e 100.000 euros para o Museo Arqueolóxico
da cidade.
E a Sociedade Acuaes,
dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, contempla
386.000 euros para o abastecemento de auga de Ourense e 6,52 millóns para a EDAR da cidade. Tamén
son moi importantes os investimentos que realiza a Confederación Hidrográfica
do Miño-Sil.
A
Sociedade de Infraestruturas e Equipamento Penitenciario, dependente do
Ministerio de Interior, consigna 1,70 millóns para a reforma do centro
penitenciario ourensano
de Pereiro de Aguiar.
En definitiva dixemos todos os intervenientes na rolda de prensa que se trata
duns Presupostos que son garantía de estabilidade para poder seguir crecendo e
sobre todo creando emprego (onte coñeciamos que hai inscritos 1.451 ourensans menos nos rexistros do paro rexistrado).
Adiantar a presentación dos PGE
é un exercicio de responsabilidade, xa que as contas públicas son a ferramenta
do Goberno para seguir traballando pola recuperación económica española.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta