jueves, 6 de agosto de 2015

Feijóo anuncia que a Xunta devolverá aos empregados públicos neste ano e no menor tempo posible outro 25% da paga extra correspondente ao ano 2012

Salientar que hoxe o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, vén de anunciar na rolda de prensa do Consello que a Xunta de Galicia adiantará a este ano a devolución aos empregados públicos doutro 25 por cento da paga extra de 2012 suprimida polo Estado co compromiso de “aboala no menor tempo que sexa posible” e que se unirá ao 25 por cento da paga que xa foi devolto neste exercicio. 
Dixo o presidente da Xunta que este adianto será posible grazas á combinación da “responsabilidade do Goberno coa responsabilidade de moita xente”. Neste senso destacou o esforzo realizado polos empregados públicos ao longo dos últimos anos e que “debemos recoñecer tanto cualitativa como cuantitativamente”.
Segundo apuntou Feijóo, a devolución deste 25% representará un custo de 50 millóns de euros para o Goberno autonómico. O monto total permitirá unha devolución media de 400 euros por empregado público. A devolución beneficiará a máis de 100.000 persoas, incluídos os traballadores da Xunta de Galicia, das universidades públicas e do ensino concertado.
O máximo responsable do Executivo autonómico informou que como única administración competente nas retribucións básicas como a paga extra, o Goberno central vén de anunciar ás comunidades autónomas -no marco da Mesa de Negociación das Administración Públicas- a súa intención de adiantar a devolución doutro 25% da extra neste 2015 e habilitar ás comunidades para que poidan facer o mesmo.
Así, Feijóo asegurou que a Xunta traballará para que “Galicia teña o Proxecto de Lei listo para remitilo canto antes ao Parlamento” unha vez que o Estado aprobe en setembro o Real Decreto Lei para proceder á devolución. “O procedemento de devolución iniciarase tan pronto exista habilitación legal do Estado para facelo”, abondou.

Tocante a que o Estado só permitirá realizar a devolución ás comunidades autónomas que cumpran os requisitos esixidos, o mandatario galego indicou que “os empregados públicos poden ter a garantía de que percibirán neste ano ese 25 % da extra” xa que “en Galicia se dan as tres circunstancias necesarias para iso”.

Neste sentido Feijóo enumerou os fitos da solvencia de Galicia que a converten nunha comunidade que “ten dispoñibilidade orzamentaria”, que “cumprirá o obxectivo de déficit para 2015” e que “está en condicións de aboar a extra con axilidade tan pronto sexa posible, porque esa é a vontade da Xunta de Galicia”.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta