Destaco como un feito salientable que hoxe o pleno da
Corporación Provincial aprobase inicialmente o orzamento xeral da Deputación de
Ourense para o exercicio 2016, converténdose así na primeira administración pública que aproba os seus presupostos para
o ano seguinte no mes de setembro.
Un orzamento que experimentará un
incremento do 2,65 %, pasando de 75,7 a 77,7 millóns de euros, e dispoñerá de
15,5 millóns de euros para investimentos produtivos, mentres que a débeda sitúase
no 32 %, mantendo unha progresiva redución dende 2012, ano no que estaba no 116
%.
As contas
para 2016 confirman coa subida dos orzamentos a tendencia marcada no exercicio
anterior: a recuperación da facenda provincial, sendo as prioridades os
servizos sociais, o medio ambiente, a cooperación cos concellos e o
desenvolvemento do Plan Ourense 15-19, cos obxectivos centrais dunha visión
integral de provincia e o desenvolvemento rural sostible", como afirmou o
presidente do goberno provincial, José Manuel Baltar.
Os orzamentos recollen unha
redución da amortización da débeda nun 19,37 % e igualmente unha redución dos
intereses financeiros nun 81,87 %. Por áreas, as partidas de gasto en
Infraestruturas será de 25,5 millóns de euros, mentres que en Augas e Medio
Ambiente será de 15,1 M €, en Cultura e Deportes de 8,4 M €, e en Benestar de
7,2 M €. Asemade, o Inorde tamén ve incrementado seu orzamento, pasando de 1,4
a 1,65 M €.
Os obxectivos específicos do
orzamento son o Plan Termal, a Axencia da Enerxía e do Medio Ambiente, a
Competitividade e a Provincia intelixente, ámbitos nos que se enmarcan
proxectos de cooperación cos concellos, como os de empregabilidade (para o que
se destinan 910.000 euros) e actividades dirixidas á mocidade (540.000 euros).
A Deputación de Ourense porá en
marcha o primeiro plan provincial de apoio á natalidade, para o que destinará
un total de 800.000 euros, que se suplementarán en función da evolución de
nacementos na provincia, e para o Plan Termal se achegarán 1.250.000 euros,
mentres que para o proxecto de eficiencia enerxética e enerxías renovables, un
total de 225.000 euros.
Os investimentos produtivos
superarán en 2016 os 15,6 millóns de euros, e como accións diferenciadas, os
orzamentos contemplan aspectos como o "Clúster" do Viño, potenciar a
"Marca Ourense", o evento cultural e musical ICC week, e a
internacionalización de empresas ourensás.
Para axudas públicas os
orzamentos 2016 destinarán máis de 1,2 millóns de euros a ámbitos do fomento do
deporte, benéfico, actividades culturais, escénicas e musicais, grupos
políticos, axudas a deportistas e Rallye de Ourense.
Asemade destaca o incremento que
terá cada concello dentro do Plan Provincial de Obras, con 55.500 euros para
cada municipio e 26.250 para a entidade local menor de Berán, sendo o primeiro
ano no que se incorpora nesta partida ao Concello de Ourense. O investimento na
rede viaria provincial ascende a 2.000.000 millóns de euros, para as obras
municipais destinaranse 5,1 millóns de euros, e no que atinxe ao aspecto
político, para acción política provincial destinarase un presuposto de un
millón de euros e para formación de cargos locais, 30.000 euros.
No que atinxe ao persoal da
deputación, en 2016 o gasto será o 37,50 %, que se incrementa dous puntos con
respecto a 2015 por mor dos novos postos nos grupos políticos, polo incremento
do 1 % do salario dos funcionarios e polo pago do 75 % da paga extra pendente,
que se aboará en xaneiro de 2016.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta